miércoles, abril 04, 2007

Novo disco de Los Planetas

O mellor grupo de Indie Rock de España e un dos meus favoritos ven de sacar un novo disco , chámase "La leyenda del espacio" e está adicado a Camarón. Tiven a posibilidade de escoitalo (son a banda do mes en Yahoo) e está moi ben recuperando parte da forza perdida no 2 LPs anteriores. Eles din que é moi flamenco, pode ser por algunha das letras e unha canción na que canta con eles Enrique Morente. Son de Granada e nótase.
Estarán de xira por Galicia 0 27 de Abril en SCQ e o 28 en VGO, espero poder ir a algún destes concertos, seguro que se esgotan as entradas...
Póñovos un video que seguro que non se vai botar nas TVs comerciais ou na MTV pois as súas imaxes son realmente explícitas pero non é un vídeo desagradable, é máis ben gracioso. A canción non é a mellor do disco pero está bastante ben: "Alegrías del Incendio"
Por certo hai unha anécdota moi graciosa duns amigos meus e Los Planetas...

1 comentario:

Anónimo dijo...

BO DISCO ESTE, PERO A VERDADE É QUE NADA COMPARADO COS PINCHOS DE HAI UN RATO, DO BO VIÑO DE "TOURO" E DOS CHUPITOS COS QUE AÍNDA NON COMEZAMOS. TEN BO PINTA ESTA NOITE. SAÚDOS AO ALGARVE.
DANI.