miércoles, abril 11, 2007

Hristo Stoichkov


É un dos meus futbolistas máis admirados polo seu xogo ainda que o seu comportamento era moi moi bravo e censurable. Ver ao "Búlgaro" no campo en directo era todo un espectáculo, incluso sen tocar o balón, un deses xogadores chamados de "raza", fútbol en estado explosivo. Vinno varias veces en Balaídos, en todas elas volveu tolos os xogadores do Celta, por velocidade, por empuxe, por mala hostia...
Hoxe en día a pesar de ser novo xa é un dos mitos do Barça, do maravilloso Dream Team, pese a que o meu favorito sempre será Laudrup, o Barcelona de aqueles anos non acadaría os títulos e o nivel de xogo que enganchou a todos os que amamos o bo fútbol sen o Coronel Hristo.
Agora vense a Galicia a sustituir o tristemente cesado Fernando Vázquez , o Celta precisará da súa furia e do seu carácter salvaxe para salvarse, se Stoichkov non lles imprime garra a 2ª é segura. É certo qu pode ser un bo golpe de efecto e ilusión. Ánimo Celtiña.
Polo de pronto que se prepare o Depor porque ainda que "O xitano" non xogue sempre os pode sacar de quicio ou mesmo pisar algún pe. ¿Lembraste Urizar?

1 comentario:

datelavueltaqueensantiagosehaceasi dijo...

UN BO CABRÓN ESTE HRISTO. O DO DREAM TEAM É UN MAL MITO. É MELLOR O BARÇA ACTUAL. AQUEL GAÑOU TRES LIGAS DE CHIRIPA E UNHA CHAMPIONS NA PRÓRROGA CONTRA UN EQUIPO QUE DESCENDEU ESE ANO NA LIGA ITALIANA. EU, QUE SON DO CELTA E DO MADRID, ESTOU PENSANDO EN FACERME DO PUTO DÉPOR.
DANI.