lunes, abril 09, 2007

Cocido en Zobra

No Xoves Santo, día de moita abstinencia polo noso Señor , un grupo de laicos achegouse a Zobra a comer un Cocido... Comemos, bebemos e cantamos...pero eso sí moi baixiño que non era día de festas.
Ainda agora mesmo non sei como nos metemos 40 naquel comedor para xantar pero estivo moi ben. Foi unha reunión moi variopinta e aberta , tanto en inclinacións políticas como na nacionalidade dos asistentes pois viñeron amigos de Euskadi, Navarra e Cataluña, entre os cataláns sinalar os novos líderes da Cidade Condal: Ho Chi e Chispón que foron do máis animado da Festa con outros como Celsiño, Desi, Pili, Guli, Manuel de Dofeca, etc.
Gastronómicamente non foi o mellor Cocido do ano , pero non era esa a excusa de ir ata Zobra.
Espero que os non lalinenses o pasaran ben nas nosas terras e que repitan. Un saúdo para eles.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Próxima visita a Zobra,papada de capón...que ben o pasamos e que ben o pasaron os vascos e os catalans...guli