viernes, marzo 16, 2007

Zona de traballo


Non sei se algunha vez vos preguntastes como é a miña zona de traballo. Como ben sabedes hoxe en día varía pode ser ambulancia ou aula , pero realmente a "nino-nino" é o meu verdadeiro centro de traballo.

É posible que algún de vos subira nalgunha ocasión a unha e veriades a complexidade dunha UVI Móvil e as dificultades de espazo que en ocasións temos que sofrir.

Evidentemente ten as súas complicación pero non é difícil adaptarse, ademáis se a garda é boa pasamos máis tempo na Base que na AM 747 (é o nome do recurso de Pontevedra). Por exemplo hoxe non é nin boa nin mala: levamos un Infarto a Vigo, atendimos a unha velliña con hipoglucemia, fumos a un parto nunha casa (pouco habitual) e tratamos a unha neniña con convulsións febrís e son as 21:30, polo que comeza a noite e espero durmir un pouco...

3 comentarios:

Anónimo dijo...

gosto da túa páxina moi acertada no de papar, as receitas marabillosas.No do vaticano tes que ter en conta que mezclas dende personaxes míticos gregos ata representacións do mal(dragón), ou do tempo que pasa pronto e a morte agarda...ainda que tamen podias sacar toda a sensualidade que tes nas iglesias romanas,unha que vai estar de moda pola peli, santa TAREIXA DE bERNINI,polo disfrutamos cos teus acertadisimos comentarios gastrnómicos o no do arte pasa....

marta l. dijo...

En el artículo q se publicó hoy en O Freixo sobre el Hospital del Deza, expusiste exactamente todo lo q yo pienso sobre este tema y q comenté el otro día en una conversación, stamos totalmente de acuerdo

Nico dijo...

A pretensión da entrada do Vaticano era únicamente mostrar retazos de imaxes que teñen no Vaticano, que provocan medo e me chamaron a atención, non fago crítica artística.