lunes, marzo 12, 2007

Un pouco de pasta basta


Evidentemente en Roma gustei da cociña italiana clásica, comín gnochi e pizza funghi porcini, sen lugar a dúbidas a mellor pizza que comín na vida unha masa finiña crocante e con un sabor magnífico. Fun a un restaurante moderno e xoven perto da Praza de España e outo máis clásico, case sen turistas e moito italiano na Praza Merchanti especializado en carnes por recomendación do Potro e Luz, gracias a ambos.

Como María , un pouco pola miña culpa e outro polos seus gustos pois non lle gosta o queixo, non comeu pasta o chegar a Lalín eu fixenlle uns tallarines con material recén traído de alá.

Son uns tallarines de tartufo,cunha salsa de fungos artesanal de alá , boteille máis tartufos (trufas) algún boleto que tiña na casa, calabacín, ribeiro branco e unhas gotiñas de Pedro Ximenez. Unha pasta de luxo con bos productos, dende logo este non era o típico prato barato de pasta pero pagou a pena: a María gustoulle

1 comentario:

Anónimo dijo...

A MELLOR PIZZA DO MUNDO ESTÁ EN CASA LUCIANO, UN PEQUENO RESTAURANTE DUN EMIGRANTE DE MILÁN EN BATH (ENGLAND). COMINA EN 1993 E AÍNDA ME ACORDO DELA.
DANI.