lunes, marzo 26, 2007

Papadas en Huesca



Dende logo se na miña recente viaxe tamén adiquei tempo a papatoria, normalmente aproveitaba a cea para facer turismo gastronómico porque non tiña tempo no almorzo. Hai varias cousas que destacar pero en priemiro lugar sinalarei que a cociña do Norde de Aragón ten similitudes cos seus veciños franceses e cataláns, facilmente identificables pola utilización de certos productos ou mesmo polos nomes. Hai que lembrar que a zona Este da provincia de Huesca é coñecida como a Franja (soa Franya).

O primeiro sitio que me gustou foi o Restaurante A. Arazo, situado mesmo no centro, tiña un menú degustación de 18 € (ben barato) e estaba moi rico e perfectamente cociñado, consitía en varios entrantes como tempura de verduras, longaniza de Graus (moi famosa alí) e de remate un muslo de pato guisado con setas que era un prato de moita categoría. Ese día, martes, era eu o único no comedor e o xefe do restaurante que estaba en outra sala cos amigos comendo caracois (tomei unha proba) explicoume varias cousas da gastronomía local.

Xa o xoves fun comer a un asador onde comín caracois o alioli , algo bravos pero ricos, e terneira do alto Aragón a brasa que resultou moi xugosa. O sitio chamábase "El Bodegón" e quedaba cerquiña da Catedral. Non foi caro.
Deixei sen visitar o mellor restaurante de Huesca: Lillas Pastia, que é un restaurante de alta cociña moderna, non creo que sexa un sitio para ir só, pero quedaronme gañas porque que en tódals guías sinalan que é moi aconsellable

As dúas ceas anteriores foron acompañadas cun pouco de viño do Somontano, unha das xovenes DO españolas que fan viños correctos e moi internacionais

Finalmente da comida destacable foi o "Lechazo" típico de Briviesca no Restaurante "El Concejo" que está mesmo na praza principal desa histórica vila burgalesa.

Como vedes é moi importante combinar o traballo co placer