lunes, marzo 19, 2007

Frío e WIFI pirata en Huesca

Cheguei a Huesca tras durmir en Burgos o domingo, caeume algo de neve por Pancorbo pero non houbo máis dificultades. Pola tarde no decanso das clases comezou a nevar abundantemente, algúns alumnos que viven nos Pirineos marcharon antes de rematar, vai moito frío e parece que mañá vai ser peor. Xa me dixeron que non deixara de ir a Ordesa en canto escampe o temporal, tamén me recomendaron Formigal como estación de esquí, mañán teño moito traballo todo o día , pero o mércores non perdono.
Por outro lado o Hotel no que estou ,Pedro I de Aragón, está ben pero cobran 6 € por cada hora de wifi, polo que dende a miña habitación estiven buscando redes para engancharme, atopeinas e puiden conectarme a unha pero a conexión vai lenta, vale para mirar o correo, A Teima, o blog de Dani e esta entrada pero non podo por agora colgar as fotos da despedida de Chones e Ana, tede paciencia os que estades agardando por elas, máñán buscarei mellores solucións.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Malabestia, ao final vas de 8, de 4, de 17, de 45 ou de qué?

Anónimo dijo...

PÁSAO BEN. BARATO, BARATO, GRANDES NOVIDADES NO MEU BLOG!!! TAMPOUCO TE PERDES MOITO.
DANI.

Anónimo dijo...

Agradézoche os comentarios,recorda que mañá, si estás, o meu irmán Miguel expón na Galería Sargadelos de SANTIAGO as 20:00 horas e flipa hai pinchos (esto vai tamén para María por descontado).
un saudo e boa viaxe.
J. Carlos Calvo Ulloa.