lunes, marzo 26, 2007

The Arcade Fire

De vez en cando poñovos algo de música, normalmente grupos que me gustan moito ou discos novos que considero moi bos. Neste caso xuntanse as dúas cousas, u último disco de The Arcade Fire é realmente bos (como os anteriores), chámase "Neon Bible" e ten cancións grandiosas como a deste video.
Como podedes ver o video é un directo recente da súa nova canción "No cars go",
destacan pola súa instrumentalización usando instrumentos como acordeóns ou violíns que non son moi habituais no panorama Indie-Rock. Se aguantades ata o final veredes que forza ten o remate da canción


1 comentario:

O pai de Batman dijo...

"Realmente bo (como os anteriores)"? ...pódesme dicir, por favor, cales son "os anteriores" porque eu só coñezo o "Funeral" e gustaríame poder merca-los anteriores ...se os hai.