lunes, febrero 12, 2007

Volta o blog




Recibín certas críticas por non actualiza-lo blog e debeuse a viaxe da semana pasada. Agora xa estou aquí e a verdade é que teño bastante material para botar pero ireino procesando o longo da semana.

O periplo por Tenerife foi un pouco aburrido, estar toda a semana fora e traballando non é moi divertido. Algún día puiden aproveitar para subir o Teide e para dar un paseo por algunha das praias do Sur e dinme o primeiro baño do ano a 26ºC, a auga tan fría como a nosa. Non me gustou moito Tenerife salvo o grande volcán que sí que merece unha visita e dende logo a climatoloxía. Os canarios sonvos ben raros, pensas que polo Turismo van ser xente aberta pero a mín pareceronme todo o contrario.

Por certo teño que ir desmentindo que a suspensión cautelar do Carnaval tivera que ver coa miña estancia na illa. Xa cando cheguei recibín a noticia do grave accidente no Teide, un parte do meu traballo foi contarlles os meus alumnos que facer en accidentes de múltiples víctimas e a atención a pacientes intoxicados por gases... que oportuno.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

BEN NICO. ESTÁ BEN QUE VOLTES AO FOGAR E TE POÑAS A CHOLLAR UN POUQUIÑO NO BLOG. POR CERTO, NO TEU PROCESO DE SELECCIÓN DE MATERIAL A VER SE HAI ALGUNHA FOTO CON ELEMENTO HUMANO, É DICIR, QUE ALOMENOS SAIAS TI... E ALGUNHA RAPAZA TAMÉN. ESTA PETICIÓN É UN DEFEUTO PROFESIONAL.
DANI.

nanita dijo...

Benvido Nicolás!