lunes, febrero 12, 2007

Revelación dun segredo


Levo tempo tratando de gardalo en segredo pero na Teima xa foi revelado. Rafa preguntoulle a meu primo Luis Emilio Batallán polo meu próximo disco de rancheiras mexicanas. Sei que moitos de vos tomaríalo a coña , pero coas posibilidades da técnica hoxe en día sacar un disco é ben doado aparte de que conto con colaboradores expertos na matería

En primeiro lugar matizar que non é so de rancheiras, a min gostanme máis os corridos. O disco abrirase cunha canción cun merecido homenaxe a Rocío Durcal, continuarei cun corrido con leves ritmos de ska composto hai tempo por Sito e Guli (os dous que máis me animaron nesta nova iniciativa). Non faltará unha versión do clásico "El Rey" con orquestación gaiteira.

Da música encárgase Kg, tamén dos arranxos, todos sabedes que é un experto nesta música

Prométovos que os seguidores de Paparevivir terédolo gratis para descargar.


Coma homenaxe e por se pensades que non é certo, apóstome un... e parte do outro a que Guli e Sito disfrázanse no Antroido de mexicanos ¿Qué raro non?