jueves, febrero 15, 2007

Relax antes de Laza



Nesta fin de semana María e máis eu, acompañados de Berta, Xosé, Rafa , Eva e Abel, marcharemos de relax a vila de Arnoia, un fermoso rincón do Ribeiro famoso polos seus pementos.

Achegaremonos a Abadía Caldaria , unha vella e bela casa que nos permite tamén disfrutar de Balneario, será un bo momento para o relax e para algúns tamén nos servira para tomar folgos antes de visitar o corazón do Entroido.

Será tamén bo momento para disfrutar dos moitos tesouros escondidos no Ribeiro: a vila de Leiro, O mosteiro de San Clodio (onde casou o Gomi), o conxunto histórico de Pazos de Arenteiro ou visitar algunha bodega como Casal de Armán. Sería moito tamén chegar o Restaurante Galileo, tentarémolo. É dicir unha maravilla no corazón do país.

Xa vos contarei

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Que envexa. Pasadeo ben e que Xosé non chore moito...

Anónimo dijo...

E non escornes moito en Laza

Anónimo dijo...

APERTAS A TODOS... POR SE NON VEDES OS SAÚDOS QUE VOS MANDEI NOUTROS BLOGS.
DANI.