miércoles, febrero 21, 2007

O xastré


Ourense é ben coñecido polo seu licor café, pero tamén na súa provincia é típico un licor caseiro feito con augardente, sucre e unhas herbas silvestres. En cada casa bótanlle herbas dunha maneira distinta, por exemplo na casa da nai da Benita, a muller do Luis, en Laza o ano pasado non nos querían dicir qué lle botaban.

É un licor de vivo color verde, menos potente que o de café polo tanto máis fácil de aturar, din que ten propiedades dixestivas... en Laza é común tomar xastré e bica (da branca) facendo unha mezcla moi doce e sabrosa mais nada recomendable se estás a dieta. Este ano no Entroido de Laza organizouse a I Festa da bica e o xastré, xa nos convidaron para o próximo ano...