miércoles, febrero 14, 2007

O Mostruo ComeOrellas



Non, non estou falando de Cañita Brava nos larpeiros devorando o delicioso doce do noso entroido, non. Estouvos falando doutro monstruo, real, existente que aparece de cando en vez, un ser que forma parte dunha estrana transformación.

Lembrades o Monstruo Comepedras da Historia Interminable, pois este é o Monstruo Comeorellas que conta Interminables Historias. En San Vicente é ben coñecido máis últimamente desprega tanto as súas ás que ten chegado ata Lalín onde ten ancestros ,polo que se lle permite.

Posúe un ton de voz que emite un fío de ar que provoca inquedantes cóxegas nos tímpanos e pavillóns auriculares. Cando notas esas sensacións é mellor que escapes ou estarás perdido e a Historia alongarase toda a noite. Eso sí cando xa te deixou sen orella emite unhas sonoras risotadas e dobrase pola mitade coma un contorsionista, eso significa evidentemente o logro do seu obxectivo: estás papado.

1 comentario:

O do can dijo...

¡Doce sabor o da vinganza!. Non si, rey Ceoden?. ...¡Gracioso de verdade e certo coma a vida mesma!. ¡que lle vou facer!. De todolos xeitos, e para non vos dar mais turras, escomenzo mañán clases de logopedia e sinais para falar a distancia nos sitios barulleiros. ...... ¡Vou escarallar a mestra!.

Por certo. Groriosa xornada a do sábado. Si señor.