miércoles, febrero 28, 2007

Nova vida en Second Life


Picado pola curiosidade entrei en Second Life , ese lugar de Internet do que tanto se fala no que podes crear un personaxe e unha nova vida e mesmo gañar cartos. A verdade e que e estrano pero a mesma vez comprendo que enganche a xente.

Creei o meu "avatar" que é como se chama o personaxe, hai que bautizalo podeslle poñer o nome que queiras e danche varios apelidos para escoller, o meu chámase "Malabesta Nikolaidis". Unha vez bautizado apareces no centro dese mundo, onde chegan todolos avatares recen nados, todos desorientados. Ti pensas que é irreal e que coma nun videoxogo os personaxes son movidos pola máquina, pero de repente un te fala e ti respostaslle coherentemente e logo dache outra resposta axeitada e entendes que detras de aquel boneco hai outra persoa...

Os avatares poden voar e tele transportarse por todo o mundo (tes un mapa) , os meus primeiros pasos foron dar unhas voltas por ese mundo virtual: atopei unha tenda na que a depedenta regaloume unha camiseta que levo posta e un robot tipo R2D2 que traballa as ordes da dependenta unha inglesa moi agradable doume de beber unha cerveza, logo estiven buscando traballo pero ainda non me defendo ben polo que agora estou tocando a guitarra na rúa (atopeina tirada) e xa gañei os meus primeiros cartos, deixeino onte tocando...Ademáis xa teño unha boa amiga arxentina que tamén naceu onte e que me axuda por mensaxes instantáneos e eu axúdoa a ela

Ben todo esto podevos soar moi estrano (dende logo o é), pero serviume para comprender certas cousas: o avatar de Suzanne Vega dou o seu primeiro concerto con canción inédita en 2nd Life , que hai xente que gaña cartos reais con esto (o que gañe tocando a guitarra vouno xogar nun Casino) e que xa teñen o primeiro grupo terrorista que pon bombas e xa está matando avatares (terán tamén un De Juana?).

Por certo , o prezo mínimo da terra está en 512 m2/ 5 USD o mes. Se tes terra podes facer unha casa ou montar un negocio...

Vouvos enviar unah postal dende alí, por certo se vos dades de alta dade o nome do meu avatar que me dan cartos

4 comentarios:

Rafik dijo...

tiven un avatar chamado Ferri 15 días, aburrinme e morreu, R.I.P

Anónimo dijo...

CÓ BEN Q CANTAS NON CREO Q GAÑES MOITOS CARTIÑOS.....A MIN ESO DA VIDA PARALELA NON ME SOA MOI BEN,A VER SI CHE VAI GOSTAR MÁIS Q ESTA.......

datelavueltaqueensantiagosehaceasi dijo...

EU TEÑO CURIOSIDADE POR ENTRAR NO ROLLO ESE... PARA VER COMO É.
DANI.

Anónimo dijo...

Pois eu tiven un porco en Kochonland que se chamaba Manolo, pero esquecinme de limpiar o cortello durante as vacacións e morreu de insalubridade.Perdóame manolo se me ves dende algún lugar do ciberespacio!!!!!!!!!!