miércoles, febrero 14, 2007

Nova Receita: Salmón Marinado

Xa facía algún tempo que non colgaba receitas mais este parón valeume para ir acumulando bastante material para ir botando.
Neste caso trátase de como marinar un salmón que particularmente para min é a forma na que este peixe está máis rico, afumado tamén pero non tanto. A receita é bastante sinxela pero é moi necesario dispor dun coitelo ben afíado para non estragar a carne do salmón e ter certa maña no seu manexo.
Poñovos un tempo de mariñada de 6 horas, depende dos gustos, tempos máis longos poden secar en exceso a carne.
Cando o sirvades poñede só a carne rosada do salmón e retirade sempre as partes graxas brancas.
Ale a Papar