sábado, febrero 24, 2007

Ensalada con aguacates


Lóxicamente cando fun a Canarias tratei de saborear a gastronomía local . Dende logo non me apaixoou o que comín ainda que tamén é probable que non visitara os lugares axeitados, salvo pequenas excepcións.

Unha importante diferencia coa cociña peninsular aparte dos múltiples mollos que usan e das papas arrugás, é a utilización de froitas tropicales. Paseando polo centro de Santa Cruz fun comer a unha taberna típica que quedaba nunha praza ó lado dunha igrexa, foi o lugar que máis me gustou e alí puiden degustar esta sinxela ensalada.

Tomates con aguacate troceado por riba, todo regado cun mollo (vinagreta para nós ou prebe) con base de aceite de oliva que levaba ademais vinagre, ovo cocido , pementos , perexil e outras herbas que non puiden recoñocer ainda que unha delas pareceume cilantro. A verdade é que estaba deliciosa e lóxicamente importeina e fixenna esta semana. Evidentemente precisa duns bos tomates maduros e o aguacate non debe estar duro.