viernes, febrero 16, 2007

Cote d´Ivoire




Este país tamén coñecido como Costa de Marfil é o país no que actualmente se atopa meu pai, dnde alí vai enviar algúns artigos que se irán publicando na prensa e simultáneamente en Paparevivir. Supoño que nos serviran para facernos unha idea máis apropiada de África e máis concretamente da vida nesa zona do Golfo de Guinea.

Quen estivo algunha vez en África sabe do poder das sensacións que alí se viven, ou eso se conta, o que queda claro é que son lugares moi diferentes os nosos, dunha increible beleza. Nestes días tedes nas carteleiras dos cines " Diamantes de sangre", a pelicula non é boa ainda que pode remover conciencias , o realmente impresionante son as paisaxes rodadas en Sudáfrica, Mozambique e Sierra Leona.

Pois ben preparémonos para coñecer un pouco mellor África e se tedes a oportunidade viaxade alí, eu tratarei de voltar neste ano.

Algúns datos de Costa de Marfil: é 2/3 de España de grande e ten 17 millós de habitantes, a súa capital é Yamoussukro, pero a cidade mási importante é Abidjan con 4 millóns. O pais actualmente está en conflicto/guerra Norte-Sur pero agora mesmo as cousas van tranquilas porque acordaron facer eleccións en Outubro despois de varios aprazamentos.

Esta rodeado de países tan pobres como Malí, Burkina Fasso ou Ghana, pero é un país máis ben rico na zona e a pesares do conflicto recibe moita inmigración veciña. Cultivase café e o 40% do cacao mundial. Ten importantes reservas de petróleo e gas (peligro) , e un bo nivel de inversions extranxeiras.

Ten grande praias rodeadas de selva o sur e grandes extensión montañosas no Norte cheo de Parques Naturais. Seguramente un paraíso
O seu equipo de fútbol é moi bo (Os Elefantes) , a súa estrela é Drogba.