martes, febrero 27, 2007

Costelas de porco asadas e guacamole


Para facer unas boas costelas de porco na casa e que parezan de churrasco é preciso traballar o forno co grill. Estas saíron bastante ben e o acompañamento con guacamole dáballe un sabor e un aspecto moi Tex-Mex. Non é un prato suave pero sí cheo de sabor, barato e que gosta a todo o mundo habitualmente.

Para facelas seguide os meus pasos:

- Poñer as costelas en adobo un día antes: eu adobeinas nun chisco de aceite virxe, cervexa, viño, unhas gotiñas de ketchup e herbas (orégano, perexil, romero).

- Poñédea as costelas nunha fonte de forno botádelle sal e pintádeas co adobo e con mostaza Diáfana Louit (a marrón).

- Quentade o forno a 180º e metédeas coa parte de máis carne cara arriba, despois de 20 minutos darlle a volta con coidado de non queimarse e deixar 10 minutos máis. Botádelle adobo cando vexades que secan moito. E xa están

- O guacamole non ten ciencia ningunha: quitádelle a cáscara e a semilla a 2 aguacates maduros , triturádeos e botádelle un sobre de Old El Paso para guacamole. Remexede ben

Está máis rico se o servides cunha ensalada tradicional dunha boa leituga e tomate.

Ben estou seguro que vos vai a gustar, sobretodo os máis larpeiros. Desculpade por non poñer vídeo pero lembreime de facer a receita cando rematei de cociñar.

Veña rapaces a disfrutar

1 comentario:

Anónimo dijo...

ESTE E A ENSALADA DE AGUACATES TEÑEN UNHA GRAN PINTA, A VER SE AGORA SON CAPAZ DE FACELOS. POR CERTO NICO, ESTOU EN MADRID INTENTANDO DESENGANCHARME UNHA SEMANA DO MUNDO (COUSAS DE CARA ÁS MUNICIPAIS) E XA SEI QUE TE DEBO ALOMENOS UNHA CHAMADA. O DO BLOG É QUE XA SON UN IONQUI DOS BLOGS. EN TODO CASO, UNHA APERTA FORTE.
DANI.