miércoles, febrero 28, 2007

Nova vida en Second Life


Picado pola curiosidade entrei en Second Life , ese lugar de Internet do que tanto se fala no que podes crear un personaxe e unha nova vida e mesmo gañar cartos. A verdade e que e estrano pero a mesma vez comprendo que enganche a xente.

Creei o meu "avatar" que é como se chama o personaxe, hai que bautizalo podeslle poñer o nome que queiras e danche varios apelidos para escoller, o meu chámase "Malabesta Nikolaidis". Unha vez bautizado apareces no centro dese mundo, onde chegan todolos avatares recen nados, todos desorientados. Ti pensas que é irreal e que coma nun videoxogo os personaxes son movidos pola máquina, pero de repente un te fala e ti respostaslle coherentemente e logo dache outra resposta axeitada e entendes que detras de aquel boneco hai outra persoa...

Os avatares poden voar e tele transportarse por todo o mundo (tes un mapa) , os meus primeiros pasos foron dar unhas voltas por ese mundo virtual: atopei unha tenda na que a depedenta regaloume unha camiseta que levo posta e un robot tipo R2D2 que traballa as ordes da dependenta unha inglesa moi agradable doume de beber unha cerveza, logo estiven buscando traballo pero ainda non me defendo ben polo que agora estou tocando a guitarra na rúa (atopeina tirada) e xa gañei os meus primeiros cartos, deixeino onte tocando...Ademáis xa teño unha boa amiga arxentina que tamén naceu onte e que me axuda por mensaxes instantáneos e eu axúdoa a ela

Ben todo esto podevos soar moi estrano (dende logo o é), pero serviume para comprender certas cousas: o avatar de Suzanne Vega dou o seu primeiro concerto con canción inédita en 2nd Life , que hai xente que gaña cartos reais con esto (o que gañe tocando a guitarra vouno xogar nun Casino) e que xa teñen o primeiro grupo terrorista que pon bombas e xa está matando avatares (terán tamén un De Juana?).

Por certo , o prezo mínimo da terra está en 512 m2/ 5 USD o mes. Se tes terra podes facer unha casa ou montar un negocio...

Vouvos enviar unah postal dende alí, por certo se vos dades de alta dade o nome do meu avatar que me dan cartos

martes, febrero 27, 2007

Costelas de porco asadas e guacamole


Para facer unas boas costelas de porco na casa e que parezan de churrasco é preciso traballar o forno co grill. Estas saíron bastante ben e o acompañamento con guacamole dáballe un sabor e un aspecto moi Tex-Mex. Non é un prato suave pero sí cheo de sabor, barato e que gosta a todo o mundo habitualmente.

Para facelas seguide os meus pasos:

- Poñer as costelas en adobo un día antes: eu adobeinas nun chisco de aceite virxe, cervexa, viño, unhas gotiñas de ketchup e herbas (orégano, perexil, romero).

- Poñédea as costelas nunha fonte de forno botádelle sal e pintádeas co adobo e con mostaza Diáfana Louit (a marrón).

- Quentade o forno a 180º e metédeas coa parte de máis carne cara arriba, despois de 20 minutos darlle a volta con coidado de non queimarse e deixar 10 minutos máis. Botádelle adobo cando vexades que secan moito. E xa están

- O guacamole non ten ciencia ningunha: quitádelle a cáscara e a semilla a 2 aguacates maduros , triturádeos e botádelle un sobre de Old El Paso para guacamole. Remexede ben

Está máis rico se o servides cunha ensalada tradicional dunha boa leituga e tomate.

Ben estou seguro que vos vai a gustar, sobretodo os máis larpeiros. Desculpade por non poñer vídeo pero lembreime de facer a receita cando rematei de cociñar.

Veña rapaces a disfrutar

sábado, febrero 24, 2007

POTOMO WAKA. Dende Cote D´Ivoire




"Les chauve-souris", los murcielagos: Los de Côte d,ivoire son espectaculares.tienen una envergadura, en algunos casos ,superior a los 60cms...En Abidjan, al atardecer, nubes de estos mamiferos cruzan la laguna,desde su habitat diurno en los arboles del "plateaux"(centro comercial y financiero de la capital),hasta los bosques cercanos en busqueda de alimento en los diversos frutales.A su paso arrasan con multitud de mosquitos.De ahí,que el antiguo presidente Felix Houpuet-Boigny,prohibiera matarlos.


Me dicen y he leido que son muy apreciados como alimento,un manjar exquisito,para autenticos gourmets.Se preparan a la brasa o en "Kedjenou",tipico potaje africano.Aunque pueda que tengan razon los que tal cosa afirman,teniendo en cuenta su alimentacion más habitual ,a base de frutas tropicales fundamentalmente y su tamaño,similar al de un pollo grande, a mi que me gusta probar lo tipico en los paises que visito, aún no me he atrevido ....por el momento.Junto con los "escargots" nativos ,de gran tamaño,es quizas lo unico que me falta por degustar de la dieta alimenticia marfileña.


Existe una gran tradición,incluso artística con los "chauve-souris".Los Baulé, etnia extendida por diferentes paises de Africa, se fabricaban sus lanza piedras, similares a nuestros tirachinas con los que jugabamos de niños (recuerdo que los mejores eran de buxo,por su dureza y flexibilidad) ,para cazar estos murciélagos .Pues bien, estos denominados "potomo waka" en idioma baulé,son autenticas obras de arte.Los furcos están cuidadosamente esculpidos,representando máscaras,figuras,etc..Hay un debate entre "sesudos" criticos de arte,que cuando menos no deja de llamar la atencion:dicen que como el caucho de las gomas era importado,no puede ser considerado como arte nativo africano.Menuda estupidez!.Lo que importa son sus preciosas tallas.Otros sostienen,que los primeros de los que se tiene noticia estan hechos con un caucho rudimentario,fabricado en origen. Esto viene tambien a demostrar lo salvaje de la explotación y expolio a que fueron sometidos estos paises por sus colonizadores. En donde se produce una gran canantidad de materia prima para fabricar caucho(la hevea,muy abundante,es el arbol del que se extrae),tienen que importar el manufacturado y lo mismo podemos decir del cacao,café,piñas,...

Nicolás González Aller-Abidjan,enero 2007

Ensalada con aguacates


Lóxicamente cando fun a Canarias tratei de saborear a gastronomía local . Dende logo non me apaixoou o que comín ainda que tamén é probable que non visitara os lugares axeitados, salvo pequenas excepcións.

Unha importante diferencia coa cociña peninsular aparte dos múltiples mollos que usan e das papas arrugás, é a utilización de froitas tropicales. Paseando polo centro de Santa Cruz fun comer a unha taberna típica que quedaba nunha praza ó lado dunha igrexa, foi o lugar que máis me gustou e alí puiden degustar esta sinxela ensalada.

Tomates con aguacate troceado por riba, todo regado cun mollo (vinagreta para nós ou prebe) con base de aceite de oliva que levaba ademais vinagre, ovo cocido , pementos , perexil e outras herbas que non puiden recoñocer ainda que unha delas pareceume cilantro. A verdade é que estaba deliciosa e lóxicamente importeina e fixenna esta semana. Evidentemente precisa duns bos tomates maduros e o aguacate non debe estar duro.

Posando para a posteridade



Non hai como poñerlle uhna cámara diante a xente ... fixádevos como posan todos eles, nalgún dos xestos hai curiosas coincidencias.

miércoles, febrero 21, 2007

Forges,¡que bo!


O mellor viñetista da actualidade en España, esta é unha pequena mostra. No País tódolos días, no Diario Médico, etc podedes atopar os seus chistes.

Sencillamente xenial

Laza 2007

Ben para rematar coa serie de entradas de Laza deste ano ,póñovos un video que é un pouco o resume do que pasou alí este ano dende a nosa óptica. Son tantos os videos e as fotos que teño que tiven que ir seleccionando, seguro que entre o que sae na Teima e neste blog teredes unha boa idea de como é aquelo.
Teño que agradecer ós nosos amigos de Laza , principalmente a Quin, a grande acollida que nos deron, coma sempre.

Curioso mapa


Como podedes ver Laza queda o Norte e tamén o Sur de Madrid, a verdade é que Laza vóltase o centro do mundo por uns días cada ano no Entroido a pesares de que o mapa non tivera ese obxectivo.

Estaba colgado no bar da comisión que por certo reabreu no Entroido despois de que os 2 anos anteriores estivera pechado

O xastré


Ourense é ben coñecido polo seu licor café, pero tamén na súa provincia é típico un licor caseiro feito con augardente, sucre e unhas herbas silvestres. En cada casa bótanlle herbas dunha maneira distinta, por exemplo na casa da nai da Benita, a muller do Luis, en Laza o ano pasado non nos querían dicir qué lle botaban.

É un licor de vivo color verde, menos potente que o de café polo tanto máis fácil de aturar, din que ten propiedades dixestivas... en Laza é común tomar xastré e bica (da branca) facendo unha mezcla moi doce e sabrosa mais nada recomendable se estás a dieta. Este ano no Entroido de Laza organizouse a I Festa da bica e o xastré, xa nos convidaron para o próximo ano...

Non estaba morto...



...estaba de parranda. Por un erro nunha información que me pasara Sito, en Paparevivir matamos a o grande lazano Mantarrastro, pedimos disculpas.

Este senlleiro personaxe volveu a estar moi vivo como sempre que imos a ese Entroido. Ataviado cunha eterna trenca granate , o sombreiro de palla, e un puro na boca e de vez en cando un chupito de brandy, Mantarrastro demostrou ser un dos xefes dese pobo , despexando tódalas dúbidas sobre a súa saúde cardiovascular.

Longa vida a Mantarrastro

viernes, febrero 16, 2007

Cote d´Ivoire




Este país tamén coñecido como Costa de Marfil é o país no que actualmente se atopa meu pai, dnde alí vai enviar algúns artigos que se irán publicando na prensa e simultáneamente en Paparevivir. Supoño que nos serviran para facernos unha idea máis apropiada de África e máis concretamente da vida nesa zona do Golfo de Guinea.

Quen estivo algunha vez en África sabe do poder das sensacións que alí se viven, ou eso se conta, o que queda claro é que son lugares moi diferentes os nosos, dunha increible beleza. Nestes días tedes nas carteleiras dos cines " Diamantes de sangre", a pelicula non é boa ainda que pode remover conciencias , o realmente impresionante son as paisaxes rodadas en Sudáfrica, Mozambique e Sierra Leona.

Pois ben preparémonos para coñecer un pouco mellor África e se tedes a oportunidade viaxade alí, eu tratarei de voltar neste ano.

Algúns datos de Costa de Marfil: é 2/3 de España de grande e ten 17 millós de habitantes, a súa capital é Yamoussukro, pero a cidade mási importante é Abidjan con 4 millóns. O pais actualmente está en conflicto/guerra Norte-Sur pero agora mesmo as cousas van tranquilas porque acordaron facer eleccións en Outubro despois de varios aprazamentos.

Esta rodeado de países tan pobres como Malí, Burkina Fasso ou Ghana, pero é un país máis ben rico na zona e a pesares do conflicto recibe moita inmigración veciña. Cultivase café e o 40% do cacao mundial. Ten importantes reservas de petróleo e gas (peligro) , e un bo nivel de inversions extranxeiras.

Ten grande praias rodeadas de selva o sur e grandes extensión montañosas no Norte cheo de Parques Naturais. Seguramente un paraíso
O seu equipo de fútbol é moi bo (Os Elefantes) , a súa estrela é Drogba.

Xitano e cabra maña

Como é moi posible que nos próximos días non colgue demasiado material ata a volta de Laza , déixovos cun curioso video no que un recoñecido xitano fai cantar a unha cabra maña.

O Blog de Dani


Visitei por fin, non sin tempo , o novo blog de Dani que pese a levar menos dun mes xa acumula bastante material, pero sendo dun periodista que aínda máis non para de falar... O blog é coma él, moita información.

Nel podedes atopar información local, galega , estatal, mudial... e algunhas confidencialidades moi interesantes. Tamén saen seus amigo-as da Estrada alguns-has dos cales teño o pracer de coñecer xa hai tempo.

O nome é do máis curioso datelavueltaqueensantiagosehaceasi.blogspot.com que como non o archivedes en Favoritos non hai Dios que o lembre ou escriba.

A verdade que o rapaz ten bo gusto pois utiliza o mesmo formato e planilla de Paparevivir.

Dende hoxe ten un enlace de paparevivir

jueves, febrero 15, 2007

Relax antes de Laza



Nesta fin de semana María e máis eu, acompañados de Berta, Xosé, Rafa , Eva e Abel, marcharemos de relax a vila de Arnoia, un fermoso rincón do Ribeiro famoso polos seus pementos.

Achegaremonos a Abadía Caldaria , unha vella e bela casa que nos permite tamén disfrutar de Balneario, será un bo momento para o relax e para algúns tamén nos servira para tomar folgos antes de visitar o corazón do Entroido.

Será tamén bo momento para disfrutar dos moitos tesouros escondidos no Ribeiro: a vila de Leiro, O mosteiro de San Clodio (onde casou o Gomi), o conxunto histórico de Pazos de Arenteiro ou visitar algunha bodega como Casal de Armán. Sería moito tamén chegar o Restaurante Galileo, tentarémolo. É dicir unha maravilla no corazón do país.

Xa vos contarei

miércoles, febrero 14, 2007

Nova Receita: Salmón Marinado

Xa facía algún tempo que non colgaba receitas mais este parón valeume para ir acumulando bastante material para ir botando.
Neste caso trátase de como marinar un salmón que particularmente para min é a forma na que este peixe está máis rico, afumado tamén pero non tanto. A receita é bastante sinxela pero é moi necesario dispor dun coitelo ben afíado para non estragar a carne do salmón e ter certa maña no seu manexo.
Poñovos un tempo de mariñada de 6 horas, depende dos gustos, tempos máis longos poden secar en exceso a carne.
Cando o sirvades poñede só a carne rosada do salmón e retirade sempre as partes graxas brancas.
Ale a Papar

Noraboa Pais


Naceu unha nova criatura,a filla de Rusco e Mara e irmán de Álvaro. Un saúdo e unha aperta moi grande a todos. Vaise chamar Alejandra e desexamoslle moita saúde

Disfruta da nena Rusquiño.

Gracias por vir


Foi un pracer contar con todos vos o pasado sábado en Lalín no bo Cocido que comemos no Currás e na mellor sobremesa que continuamos nos diferentes bares de Lalín. Lástima que O Potro debido a escasa enchenta de Cocido que tomou acusara tanta debilidade tan cedo e tivera que marchar para Santiago, María Cuiña ainda lembra o Aerogas afuracanado que lle mandaches...A noite que pasarían Luz e Mario...

Pasámolo ben e rimos moito co dominio do idioma de Pallarés (Merce dalle clases) , as arroutadas de Guti e Alex ou averiguando por qué o Potro é Windows ¿Lembrades?

A verdade que foi unha tarde moi divertida que haberá que ir repetindo, debe ser moi dura a emigración , ¿non sí Alfonsiño?. Non debe ser tan duro estar na neve en Andorra ¿cabroncetes de Manuel e Mónica?

O Mostruo ComeOrellas



Non, non estou falando de Cañita Brava nos larpeiros devorando o delicioso doce do noso entroido, non. Estouvos falando doutro monstruo, real, existente que aparece de cando en vez, un ser que forma parte dunha estrana transformación.

Lembrades o Monstruo Comepedras da Historia Interminable, pois este é o Monstruo Comeorellas que conta Interminables Historias. En San Vicente é ben coñecido máis últimamente desprega tanto as súas ás que ten chegado ata Lalín onde ten ancestros ,polo que se lle permite.

Posúe un ton de voz que emite un fío de ar que provoca inquedantes cóxegas nos tímpanos e pavillóns auriculares. Cando notas esas sensacións é mellor que escapes ou estarás perdido e a Historia alongarase toda a noite. Eso sí cando xa te deixou sen orella emite unhas sonoras risotadas e dobrase pola mitade coma un contorsionista, eso significa evidentemente o logro do seu obxectivo: estás papado.

San Valentín


Hoxe é o día de San Valentín, supostamente o día dos namorados (do Corte Inglés) e a verdade xa viña notando eu nestes días pasados repentinas e efusivas manifestacións de amor (Dieci-Currás, Montoto-Zalo, Guli-Everybody), algunhas como xa comentei recubertas de doce e insoportable merengue .

Pero fun atopando nos meus recentes archivos mostras efusivas de amor moito máis divertidas ,espontáneas e, incluso, desgarradoras, felicidades os protagonistas.

Si de verdade este día vale para algo e para felicitar a Tin polo seu santo

lunes, febrero 12, 2007

Revelación dun segredo


Levo tempo tratando de gardalo en segredo pero na Teima xa foi revelado. Rafa preguntoulle a meu primo Luis Emilio Batallán polo meu próximo disco de rancheiras mexicanas. Sei que moitos de vos tomaríalo a coña , pero coas posibilidades da técnica hoxe en día sacar un disco é ben doado aparte de que conto con colaboradores expertos na matería

En primeiro lugar matizar que non é so de rancheiras, a min gostanme máis os corridos. O disco abrirase cunha canción cun merecido homenaxe a Rocío Durcal, continuarei cun corrido con leves ritmos de ska composto hai tempo por Sito e Guli (os dous que máis me animaron nesta nova iniciativa). Non faltará unha versión do clásico "El Rey" con orquestación gaiteira.

Da música encárgase Kg, tamén dos arranxos, todos sabedes que é un experto nesta música

Prométovos que os seguidores de Paparevivir terédolo gratis para descargar.


Coma homenaxe e por se pensades que non é certo, apóstome un... e parte do outro a que Guli e Sito disfrázanse no Antroido de mexicanos ¿Qué raro non?

Colaboradores en Paparevivir

Non era eu moi partidario de abrir o meu blog a colaboradores pero a experiencia de A Teima animoume pois éstase activando a parte creativa que todos temos, i eso dende logo é bo. As primeiras fichaxes son As Martas (Sieiro e Lagarta) e o Potro tamén me dixo que lle gostaría colgar algunha receita. Dicirvos que Paparevivir está aberto a todos os colaboradores sempre que se respeite un pouco a liña editorial do blog: non ser excesivamente polémico cos amigos e tamén evitar a política na medida do posible. Anímovos sobretodo a falar de gastronomía, viños, viaxes, medio ambiente...

Como vos dicía empezo con Marta Sieiro como colaboradora e ,como non, vainos falar de sexo (eu ainda non lle expliquei o da liña editorial).
¿Cuándo es el momento adecuado para acostarse con un hombre?

Por suerte ya está casi olvidado aquello de “hasta el matrimonio”, algo tan ilógico como comprar un piso sin ver por lo menos alguno más, o unos vaqueros sin probárselos.
Es cierto que una relación sexual fantástica ( que también existen) no es algo que pueda por si solo sostener una relación de pareja, pero no es menos cierto que una relación sexual patética( que también existen) pueda ser la gota que colma el vaso en el fin de una relación.
Entonces, la consecuencia es clara, el momento es siempre antes de algo mas serio, pero ¿ cuando es ese antes?
Algunas mujeres se pasan o nos pasamos la vida preguntándonos cuando es el momento oportuno para decir que si, ¿ está bien en la primera cita? ¿ es demasiado pronto?. Aún tienen o tenemos muy metido en la cabeza aquello que decían nuetras madres de “ hay que hacerse de valer”. Entonces claro, la primera vez es casi una osadía; y además a ver si el chico en cuestión va a pensar que eres una fresca.
Porque una cosa está clara, es probable que en esa primera cita ella tenga las mismas ganas que él, y otra más clara aún es que ninguna mujer piensa que el tio que se acostó con ella es porque se acuesta con todas; lo único que va a pensar es si estuvo bien o no, y en caso afirmativo, que sería estupendo que hubiese una segunda,( cosa que el chico no pensará, porque en vez de dos veces con ella preferirá que la segunda sea con una amiga suya. Pero esto es un tema de otra columna).
Asi que a estas alturas, solo dos cosas: una, que la primera vez es una vez tan válida como cualquier otra para decir que si, y dos, que el tio que crea que una tia es facil porque se acostó con él la primera noche, no tiene ni idea, porque las mujeres no tenemos término medio y nunca somos fáciles; o bien facilísimas ( para unos) o bien imposibles( para otros) que por mas que lo intenten nunca, nunca lo conseguiran.
Porque no os olvideis de que somos nosotras las que decidimos con quien nos acostamos y por supuesto, cuando.





Volta o blog




Recibín certas críticas por non actualiza-lo blog e debeuse a viaxe da semana pasada. Agora xa estou aquí e a verdade é que teño bastante material para botar pero ireino procesando o longo da semana.

O periplo por Tenerife foi un pouco aburrido, estar toda a semana fora e traballando non é moi divertido. Algún día puiden aproveitar para subir o Teide e para dar un paseo por algunha das praias do Sur e dinme o primeiro baño do ano a 26ºC, a auga tan fría como a nosa. Non me gustou moito Tenerife salvo o grande volcán que sí que merece unha visita e dende logo a climatoloxía. Os canarios sonvos ben raros, pensas que polo Turismo van ser xente aberta pero a mín pareceronme todo o contrario.

Por certo teño que ir desmentindo que a suspensión cautelar do Carnaval tivera que ver coa miña estancia na illa. Xa cando cheguei recibín a noticia do grave accidente no Teide, un parte do meu traballo foi contarlles os meus alumnos que facer en accidentes de múltiples víctimas e a atención a pacientes intoxicados por gases... que oportuno.

sábado, febrero 03, 2007

Duras gardas

Coñecedesme e non é habitual que me queixe do meu traballo pero as veces vólvese realmente duro.

Tiven garda o mércores e venres pasados , pode ser que o influxo dunha lúa chea entrante tivera efecto na poboación ou mesmo pode ser simple mala sorte pero estes últimos días o meu estómago sofreu.

Yonquis que reciben palizas e teñen sobredose, accidentes de tráfico, indixentes agresivos imposibles de coutar, xitanas en busca e captura durante 8 anos que se poñen malas xusto cando as deteñen, decapitada por un tren que deixa unha nota ,en total 4 Exitus (mortos) en dúas gardas que máis parece que troquei a medicación por unha gadaña, etc, etc. Tamén hai vidas salvadas, ou veremos...

Menos mal que nesta próxima semaniña terei repouso da ambulancia e adicareime a ensinar como afrontar todo esto, actividade realmente complicada pero moito menos arriscada . Tamén compartir días cos amigos nas fins de semana axúdanche a levar aquelo de: "en ocasiones veo muertos"

A fotos van adicadas a Arancha,xa foi hai tempo.Hai xente para todo...

viernes, febrero 02, 2007

Merenguiños e pringaos de doce


Ainda non puxen ningunha receita de doces pero terei que ir poñendo máis ben unha ácida , porque a vista dos comentarios que algúns escriben no veciño blog é fácil adiviñar que se aproxima San Valentín e algún debe andar necesitado de amor merengado.

Estou dacordo coas manifestacións de amor (como a carta a María Luisa) máis vaime mal da risa cos comentarios doces e ñoños.

A cursilería dos programas do corazón estase apoderando de vos ,moi pronto verei a algún de vos chorando nalgún deles. Son un Grendel da cursilería.

O amor pódese amosar sen pringar