martes, enero 23, 2007

Unha verdade incómoda

Conmoción, esa é a palabra. O venres pasado sometinme a unha maratoniana sesión de cine, un dos filmes que vin foi "Unha verdade incómoda" o documental do ex-vicepresidente e casi presidente de USA e quedei realmente conmocionado coa forza que ten ese documental o coa claridade que explica o problema do quecemento global do planeta.
En primeiro lugar sinalar que Al Gore é moi duro co seu propio país e os seus políticos e apela a responsabilidade social para conquerir un cambio de rumbo.Di que si os votantes non perciben a necesidade de cambio na nosa cultura ambiental os gobernantes sempre irán por detrás. A verdade que o ataque a administración Bush é incontestable.
Un mérito do documental é que dende logo pode espertar conciencias algo moi necesario porque o problema plantexado é bestial, e qué queredes que vos diga, se temos fillos é para que disfruten do planeta e a súa diversidade, para vir a un mundo triste e sen cores mellor pechar a billa. Eu era dos escépticos co Quecemento global máis os argumentos de Al Gore que coñece o problema dende hai 30 anos son contundentes.
Pero non todo é pesimismo no film, hai esperanza. A verdade é que unha pequena cantidade de votos pode cambiar o mundo, se Bush non lle gañara (ou apañara) en Florida , seguramente a Terra sería moito máis habitable.

Déixovos un trailer, pero non esquezades ver o Documental .

www.climatecrisis.net