lunes, enero 29, 2007

Tempos de longas papatorias

Queridos amigos, xa está ahí a reunión dos Larpeiros , como os ramistas deste ano non vos son moi traballadores (Eh Ferri!) dicirvos que vos podedes anotar nunha lista que hai no Currás e así Pío aforrará algo en chamadas de telefono. Por certo felicítovos a todos pola abstinencia e o repouso desta pasada fin de semana, danme medo os folgos cos que vai chegar algún o sábado.

Os Larpeiros é o primeiro e máis grande dos COCIDOS BRAVOS , o vindeiro día 1o outro máis e o Luns de Antroido en Laza outro cocido para atemperar o corpo nesas frías terras en climatoloxía máis quentes en hospitalidade.

Xa vos comentei a algún a idea de poñer poesía relacionada coa comida , pois comezo hoxe cun poema de Darío Xoan Cabana adicado ó Porco


PD: chegaronme novas do pasamento dunha senlleira figura de Laza, o singular Mantarrastro a quen podedes ver con Rafa e Guli. Botarémolo de menos. DEP


DARIO XOAN CABANA (Roás 1952)
Desagravio do porco meu señor
Chamárate eu, señor marrao, alcume
que máis cadrara co xamón asado,
señor das longaínzas que do fume
collen a escura cor no peldurado.
Chamárate eu, señor marrao, resume
de todo o que na terra nos é dado
pola cacheira que é talvez o cume
do sabor máis ilustre e variegado.
Chamárate eu, señor marrao glorioso,
por nomes de máis cálida eufonia
en homenaxe ó raxo e ó touciño.
Chamárate eu, señor marro, formoso
polo lacón con grelos, alegría
da comellada ben regada en viño

© Darío Xoán Cabana: "A fraga amurallada"

1 comentario:

gulias dijo...

O meu mais sentido pésame a sua familia e ao ENTROIDO.Que descanse en paz e donde estea que leve por diante o que foi sempre:un digno fillo de Don Carnal.
VIVA O ENTROIDO