martes, enero 09, 2007

Tempo de ensaladas


Dende o final do Nadal ata o comenzo do tempo dos cocidos é un bo momento para darlle un acougo o noso aparato dixestivo e depuralo un pouquiño antes de que empece a encherse de porco. Por eso este é un tempo moi axeitado para degustar ensaladas.
Moitos de vos pensaredes que as ensaladas son un coñazo ademais de insípidas, falso. Un pouco de leituga pode voltarse moi sabrosa se sabemos aderezala ben.
Propoñovos unha simple ensalada a que lle puxen un toque persoal que fai que platos simples rematen sendo deliciosos. Por exemplo aos ingredientes típicos dunha ensalada (productos da horta) boteille algo de foie que me sobraba do Nadal previamente dourado na plancha . Como alíño ó isnsustituible azeite de oliva virxe engadinlle un pouquiño de zume de laranxa, un chisco de azeite de noz (gracias Quesé por traerme o encargo) e finalmente vinagre de Pedro Ximénez. E dicir que con algo de imaxinación podedes acadar increíbles resultados. Probade tamén a engadir como aliños: herbas (perexil, menta, etc), mostaza, queixo rallado, zumes de froitas, etc.