martes, enero 23, 2007

O pan


Escomezei estes comentarios gastronómicos polo sal, na idea de falar de productos considerei iniciar polos máis básicos, e realmente a comida máis básica e elemental que temos é o pan, ademais de imprescindible.
Como o sal , o pan leva co home miles de anos, hai datos que falan de que o home empezou a facer pan cando se voltou sedentario e tiña os seus propios cultivos de cereais. Os exipcios xa comían moito pan e crearon os primeiros fornos de pan, ata aquelas máis que pan parece ser que eran máis ben tortas. Tanto gregos coma romanos perfeccionaron os procesos de panificación, conseguindo diferentes variedades e usando distintos cereais, pero a receita mantense básica: faríña, agua, sal e tamén levadura.
Hoxe en día temos moi diversos tipos de pan e en Galicia contamos coa sorte de dispoñer de pan excepcionais. O gran pan de Cea que non se pon reseso, o pan de Neda, o pan de Ousá e dende logo o pan de Lalín. Din que o segredo dun pan excepcional en Galicia está na utilización de trigo do país. As fariñas de trigo do país do Muíño de Cuiña dan un pan delicioso feito nunha panadería de Rodeiro. En Lalín panaderías como A Morena cos seus boliños únicos, a Fonte Sanguiña cunhas petadas increibles, etc, etc.
Realmente un bo pan pode solucionar unha comida, imaxinade cuns ovos fritos a diferencia que hai entre un bo pan e outro mediocre. Nos últimos anos estamos vendo que moitos restaurantes certamente ben considerados non seleccionan ben o pan deixandoo como algo secundario na comida, e incluso poñedo bolos conxelados recén quentados ou baguettes viscosas, GRAN ERRO un restaurante que non coida o pan perde na miña modesta opinión moito encanto
A parte de para facer empanadas galegas, bocadillos, torrixas, migas, etc. o pan nunha comida serve tamén para atenuar sabores fortes e facelos "máis comestibles", para mollar en sopas , salsas , caldos ou simplemente para acompañar a un bo queixo galego no postre.
Eu pertenzo o grupo de persoas que non empezan a comer ata ter pan na mesa , seremos algo zampabolos, máis amamos de verdade a comida porque somos de "Toma pan y moja"

Adicado a Tin ,dunha familia de artesáns panadeiros de Ferrol

1 comentario:

Teresito dijo...

Adicado a Tin por estar como un pan