lunes, enero 29, 2007

Nota Larpeira: Ramista FERRI


Chámame Ferri para que vos comunique os diferentes larpeiros que quedaremos o sábado na Taberna do Matelo entre as 13:30 e as 13:45 para comenza-lo pasarrúas que nos levará polos diferentes bares de viños de Lalín para rematar finalmente na cerimonia do Porco arredor das 14:45.

Lémbrame ese gran ramista que é día de Feira polo que é probable que haxa moita xente nos bares incluídos boinas negras que se poden mostrar agresivos polo roubo de espazos.

Ah , por último, Ferri dime que está esgotado de tanta preparación e que a organización tan intensa levada a cabo estalle roubando moitísimo tempo. Terá collóns, que Fenómeno

1 comentario:

Anónimo dijo...

Nunca a Desorde dos Larpeiros foi tan desordeada como este ano,e todo grazas a este individuo