lunes, enero 29, 2007

Votade por ¡Ahí ven o Maio!

Na web da www.lavozdegalicia.es están a facer un debate para decidir mediante votación popular cal é a mellor canción galega.
Dende logo todos temos moitas cancións galegas favoritas empezando sen máis polo noso himno, pero hai que se decidir por unha. Eu votei polo meu primo Luis Emilio Batallán que está sendo un dos máis votados con cancións coma "O Tren" de Andres Dobarro, "O son do ar" de Luar na Lubre," Galicia canibal" dos Resentidos, "Miña Terra Galega" de Siniestro , "Adios ríos" Amancio Prada, etc.
Votei polo padriño da miña irmán Teresa porque tanto "Ahí ven o maio" ou "Quen puidera namorala" levan letras de grandes poetas galegos e están cantadas con moito sentimento, Luis Emilio é dos favoritos pero ten os seus votantes repartidos entre as dúas mencionadas opcións.
Botei de menos nas diferentes propostas da xente cancións coma "Fusco" de Berrogüetto ("Anubía está), "A Carolina", "A Rianxeira", "Nocturnio" por Pucho Boedo,"Arman Vela" por Dhais, "Sara " de Os Cempés, etc.
Eu facendo promoción de Batallán montei un pequeno video de fotografías do país no que poidedes escoitar "Quen puidera namorala", fermosa canción de poema de Cunqueiro que conserva a estructura dunha cantiga de amigo medieval.
As votacións rematan o 2 de febreiro e saberase o gañador, ¿cal é a vosa favorita?

Deixovos con "Quen puidera namorala", meus amigos:

6 comentarios:

Anónimo dijo...

NICO,DIEXA OS EFECTOS ESPECIAIS PARA O TEU TÍO,

Anónimo dijo...

VIVA GALICIA.Eu escoitei UNHA NOITE NA EIRA DO TRIGO a catro vellos tomando branco nunha taberna de Portonovo,non o dou quitado da cabeza e coido que un dos motivos polo que me gusta cantar.Tamen e certo que ARMAN VELA ponme un no na gorxa.
BONITA FOTO DO OBSERVATORIO ANTES DE ABDUCION.

Anónimo dijo...

NADA DO CORUÑÉS É BO...

teresito dijo...

nico, ntonces cual es titulo q tenemos q poner cuando piden los datos?la de mamorala?

O autentico Teresito dijo...

Hey hey hey hey!!!!!!quen anda ahi facendose pasar por min??!!!!
E este non é o caso do mal entendido das Marias...

PD.A Rianxeira si que esta pero falta o Miudiño

marta dijo...

hola, lo siento por tu padrino tere, pero tuve que votar adios rios adios fontes, ademas estoy un poco enfadada con el porque no me consiguio aquel favor que le pedi en el moro, te acuerdas? de todos modos mi cancion favorita de batallan es zocas.