jueves, enero 11, 2007

Ingredientes: O sal




Falar de sal é falar da historia da humanidade. As primarias relacións comerciais establecidas polo home teñen moito que ver con este condimento universal. Tamén a historia do sal é unha historia de guerras e de codicia, de loitas por un mineral tan preciado para humanidade como o ouro. Valga este anaquiñp de historia:

"o 5 de abril de 1930, despois de 25 días de marcha e 383 kilómetros percorridos, Gandhi, acompañado por milleiros de persoas (intelectuais, mulleres e os máis pobres dos pobres) chegou á costa de Dandi. A mañán seguinte,o pai da non violencia violou a lei británica ó coller entre as suas mans una costra de sal. Unha semana despois ese xesto convertiuse nun movimento nacional e milleiros de persoas imitaron o seu xesto . Dezasete años despois a India independizabase de Gran Bretaña. "

Este cloruro de sodio é a única pedra que come o home de forma habitual, pero como é ben sabido o sal non é un simple condimento, forma parte da cultura de conservación de alimentos da civilización humana: salmuera, salazón, curar con sal son procesos familiares para todos e sabores perfectamente recoñecibles polos nosos paladares.

Tradicionalmente nas cociñas das nosas nais había dous tipos de sal: a gorda para salazon , curar e rara vez para condimentar e a fina máis usada no día a día. Hai sales mariñas pero tamén hai sales de rocas, hoxe en día a globalización permítenos disfrutar de sales de moita calidade , con moitos matices que contribúen a mellorar os sabores da nosa comida, o sal xa non é un condimento , é un ingrediente.

A continuación vouvos ensinar algúns dos tipos de sal que hoxe en día se comercializan case como delicatessen:

Sal Maldon: sal do Condado de Essex en Inglaterra, é un sal mariño que ven en grandes escamas, ten unha textura crujiente e desfaise rápido coa humidade.

Flor de sal de Camargue (tamén a de Guerande): considerado o caviar dos sales, ten unha cristalización en forma de flor é a primeira capa de cristal que se forma na auga trala desecación. O seu sabor é delicado pero poderoso e pode presentar tonos violáceos

Sal rosa do Himalaya: é un sal de terra, arrancada a rocas de sal pertencentes a sedimentos formados en millóns de anos ós pes da meirande Cordillera da Terra, é moi puro e ten presenza doutros minerais como o ferro que lle dan o seu color rosado, o sabor ten un pequeno amargor. É moi dura e ben en grandes cristais polo que necesitaremos dun muiño

Sal de´s Trenc: sal feita nesta maravillosa praia de Mallorca, e de flor pequena moi aromática e sutil haina comercializada tamén misturada con especias mediterráneas.

Outros sales: en España ten moita fama tamén o sal de Torrevieja, en Portugal o sal do Algarve, en Italia o de Sicilia, o Hale Mon de Gales,etc

Ademais de todas estas variedades hoxe existen sales aromatizados para comercializar: sal maldón afumado, con especias africanas, con pétalos de frores,etc.

Os prezos son altos por tratarse de sal pero asequibles para ter na casa, non é sal para usar tódolos días.

Como vedes o sal é un mundo enteiro na gastronomía, anímovos a experimentar.