sábado, febrero 03, 2007

Duras gardas

Coñecedesme e non é habitual que me queixe do meu traballo pero as veces vólvese realmente duro.

Tiven garda o mércores e venres pasados , pode ser que o influxo dunha lúa chea entrante tivera efecto na poboación ou mesmo pode ser simple mala sorte pero estes últimos días o meu estómago sofreu.

Yonquis que reciben palizas e teñen sobredose, accidentes de tráfico, indixentes agresivos imposibles de coutar, xitanas en busca e captura durante 8 anos que se poñen malas xusto cando as deteñen, decapitada por un tren que deixa unha nota ,en total 4 Exitus (mortos) en dúas gardas que máis parece que troquei a medicación por unha gadaña, etc, etc. Tamén hai vidas salvadas, ou veremos...

Menos mal que nesta próxima semaniña terei repouso da ambulancia e adicareime a ensinar como afrontar todo esto, actividade realmente complicada pero moito menos arriscada . Tamén compartir días cos amigos nas fins de semana axúdanche a levar aquelo de: "en ocasiones veo muertos"

A fotos van adicadas a Arancha,xa foi hai tempo.Hai xente para todo...

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Mira que ben,xa Kalimero ten temita para unha nova serie ENFERMEIROS,a miña proposta é que para darlle mais credibilidade debería facer de ti ROWAN ATKINSON que o actor que mais se axusta

O pai de Batman dijo...

Ánimo Nico ...el trabajo es solo un medio, no un fin.
De todas formas, este relato explica muchos rasgos de tu personalidad.