martes, enero 23, 2007

Crespo e a bruxa Lola


Anda Crespo,alcalde de Lalín e presidente da FEGAMP, moi preocupado con certos fenómenos paranormais que están a suceder en Lalín. Neste mes grande e de gloria que para él ía ser o mes do cocido, é dicir o mes do porco, o alcalde sospeita que unha meiga ten que andar por Lalín e non sería de estranar que fora a bruxa Lola polas velas negras que parece que lle puxeron. Imos relatar os sucesos estranos:
En primeiro lugar Crespo gardaba en absoluto segredo o nome do pregoeiro do Cocido deste ano, normalmente non hai segredos o habitual é que sexa alguén do seu partido ou próximo, pero sendo este ano electoral compre disimular, así que estaba o home todo ledo e vai Faro de Vigo e publícalle o nome do tipo un día antes do seu acto estrela de presentación en Santiago. É moita maldade, porque para unha vez que elixe ben.
Pero esto non é nada, resulta que os pitonisos socialistas locais acertaron unha curiosa quiniela, presentábanse a 13 prazas de oposición do Concello arredor de cen persoas, pois acertaron as 13 persoas gañadoras ante notario antes siquera de que escomezaran os exames, realmente curioso o dos socialistas de Lalín que debían prestarlle os seus servizos a Zapatero cando é moi optimista.
A posibilidade de acerto era de 1 entre 4000 millóns, ten mérito, ¿non sí? pois non , ningún, calquera lalinense un pouco informado tería acertado igual.Porque a xente que conqueríu as prazas levaba tempo traballando alí a dedo e o que se fixo foi sacar as bases adaptadas os candidatos do partido, e nun proceso bastante irregular. Dende logo non comparable con outros procesos estatais ou autonómicos de administracións públicas onde as bases son acordadas entre administración e sindicatos e nos tribunais participan todos.
Ben o certo e que a Crespo lle fastidiaron por partida doble a presentación do Cocido , porque todos os peristas ali presentes tiñan máis interese pola aposta que pola Feira. ¿Todos os periodistas? Ben todos todos non, algún tamén quere a súa oposición a medida.

Por último non me gosta falar de política no blog pero hai cousas ben graciosas que merecen a atención. Porque se por falar de Crespo fora,habería que respostarlle a un artigo recente escrito por él titulado: "Roma non paga traidores". Manda carallo que ben postos...

PD: esto non vai na contra dos gañadores da oposición, a culpa é da autoridade pública