martes, enero 23, 2007

Comer en Sudáfrica


Téñovos falado do grandioso e increible que é ese país , ata puxen fotos e vídeos, pero non vos falei moito das comidas. Nos de entrada ,pensabamos que alí a comida ía ser máis ben rara e demasiado especiada, ademais de ter tendencias británicas que en comida non pasa por ser boa cousa. Pero a realidade foi que estabamos trabucados ,en Sudáfrica pola nosa experiencia pódese comer moi ben e a prezos moi asequibles para nós. Os hoteis medios-altos non son baratos, máis a comida non é cara, vouvos relatar un pouquiño as características:
O máis habitual viaxando o tun tun por Sudáfrica e cear nos hoteis nos que te aloxas excepto nas cidades, tivemos moitas sorpresas e casi todas boas.
A cea en Graskop pertiño de God´s Window, no Hawane Lodge de Swazilandia, as excelentes e elaboradas delicias do Ghost Mountain Inn na Mkuze Reserve ou en Richard´s Bay na terraza do Uhamba degustando unha cea moi francesa vendo hipopótamos e cocodrilos...
Pero dende log non só as ceas, os almorzos eran realmente de película ...
A verdade é que eu pensaba que ía pasar fame na viaxe pero a realidade é que Sudáfrica ten materia prima e xeito. Eso sí , 2000 km de costa pero o peixe regular...
Outro día falarei dos viños...é increíble a calidade /prezo