miércoles, enero 10, 2007

Apoio a Isaac Díaz Pardo


Como podedes observar coloquei un banner de enlace para prestar apoio e solidaridade con Isaac Díaz Pardo. Se o picades entraredes na web de Aduaneiros sem fronteiras que está a facer unha recollida de firmas. No seguinte enlace no foro da USC sobre Isaac Díaz Pardo temos un artigo firmado por Manuel Rivas que PAGA A PENA OLLAR:
O gran creador galego, inxenio de ideas que argallou proxectos como Sargadelos e Cerámicas do Castro ven de ser apartado do Consello de Administración, non é unha cuestión de entrar a valorar decisións empresariais que están sometidas a procedementos xudiciais pero dende logo Diaz Pardo merece o recoñecemento e apoio dos galegos de ben.

A súa vida esta plagada de compromisos co país, sendo as súas ideas plasmadas nas cerámicas que son consideradas como unha das representacións en formas da galeguidade. A súa investigación continua e a orixinalidade apegada a tradición mostranse en tódalas pezas creadas polo mestre Isaac. Ademáis Díaz Pardo cultivou tamén a política, o ensaio, a poesía, a investigación histórica... por eso é tempo de darlle o agarimo que merece por parte de tódolos galegos.


PD para Guli: Isaac Díaz Pardo é do PSdG dende hai moitos anos ¿dubidaremos do seu galeguismo?
Publicado en blogaliza.org o 10/I/2007