jueves, diciembre 28, 2006

O Diaño de Ferrol atacado pola Nutria do Pontiñas


Tra-lo estrano ataque sufrido polo Diaño de Ferrol que resultou ferido nunha cella , abríronse todo tipo de especulacións. O certo é que as novas investigación do caso apuntan a Nutria do Pontiñas, ese animal loubado por Látigo a pesares de non velo nunca.

Segundo fontes da investigación a Nutria do Pontiñas foi vista nas proximidades da discoteca Campos con un visón escapado dunha granxa da Coruña, parece ser que a nutria estaba con gañas de festexar as festas do Nadal , ía un pouco bébeda e enfrentouse co Diaño na congostra tras da Campos.

Todo parecía indicar que a culpa fora da nutria pero a investigación dou un xiro de 180º co testimonio do principal testigo, un vecíño da zona, Don Manuel, párroco de Lalín ,que bota toda a culpa o Diaño, evidentemente.

Nova Voda: Alfonso e Arantxa


Parece que finalmente se decidiron e darán o paso no vindeiro mes de Setembro en Vitoria, os datos dos que dispón Paparevivir nestes intres son escasos porque parece que non lle foi comunicado aínda a Teté Chuclá, polo que pregaría os que ledes este blog que sexades discretos ata a confirmación oficial. De tódolos xeitos noraboa os contraíntes

Prohibida a Festa de Fin de Ano no Casino


Confírmase a prohibición por parte de Sanidade que xa lle chegou á dirección do Casino de Lalín para a Festa de Fin de Ano polo acontecido o ano pasado no que a bebida provocou estranos efectos nos asistentes, incluso ata algunha muda de sexo...

Ademais a SGAE tamén viña reclamando que trataría de prohibir a Festa pola presenza de Manuel Gutierrez ,quen pinchara música descatalogada na edición anterior ,para a que é preciso pagar dereitos de autor moito mais caros pola necesidade de facer estudios arqueolóxicos musicais para investigar quen a compuso.

Nova convocatoria Lalín- Estradense


Nesta ocasión os convocantes do partido Lalín- Estrada argallaron novos métodos para non convocarme. O outro día no descanso do partido desapareceume da bolsa o meu calendario de gardas, eu non comprendera quen podía roubar algo con tan pouco valor, pero onte entendinno tras recibir unha chamada de Gulías que me confirmaba que o partido de volta será o vindeiro sábado, día no que teño garda imposible de trocar por ser víspera de fin de ano.

Ademais non remata ahí a polémica , froito dunhas posibles disensións políticas cáese da convocatoria Látigo para deixarlle o lugar a Rafa máis proclive o "stablishment" poítico balonmanístico

Lalín, subsede de Londres 2012



Confírmase que Xosé Crespo nun intento de rendabilizar e promocinar o Lalín Arena está en negociacións co Comité Olímpico da cidade de Londres para que algunha das competicións desta Olimpiada se disputen en Lalín ,concretamente as de balonmán e basket.

Os primeiros pasos xa foron dados e parece que se confirma que o pregoeiro da próxima Feira do Cocido será o alcalde da cidade do Tamesis nun intento de Crespo por achegar posturas.

As xustificacións do alcalde lalinense son moi consistentes como é habitual nas súas conclusións: sendo Lalín o Km 0 de Galicia e co enlace de Ryanair a capital do Reino Unido está escasamente a 2 horas , un tempo perfectamente salvable para que os deportistas poidan voltar a descansar a vila olímpica despois da competición. Ademais coa suma de Londres a Lalín conseguiríase que a capital do Deza fora a primeira cidade de Galicia en poboación.

Nesta ambiciosa negociación o alcalde adiantou o próximos paso os medios de comunicación: fletará un avión de Ryanair capitaneado polo xerente da Fundación do Deporte de Lalín , Francisco Domínguez "Helas" con 300 cacheiras, 700 lacóns e 1000 chourizos como obsequio o povo londinense. Ante a sorpresa dos periodistas ante a iniciativa Crespo respostou: "¿Se Chavez manda petroleo a New York porque non vou mandar eu porco a London?"

viernes, diciembre 22, 2006

NACEU XOSÉ






Primicia de Paparevivir- Fai un anaco as 20:35 h de hoxe veu ao mundo o meu primeiro sobriño Xosé. Benvido.
O rapaz non tiña moitas gañas de sair e houbo que quitalo por cesárea pero a nai parece que se atopa perfectamente ainda que terán que pasar a noiteboa no Hospital
Non é porque sexa meu sobriño pero é un bebé moi guapo



Noraboa Berta e Rafa

HOLA XOSÉ





Festa 60´s




Recibín hoxe a invitación para unha festa ao estilo dos anos 70. É para a celebración do aniversario dun grupo de amigos que van facer 40 anos, xa van para carrozas.
De entrada que reciban a miña felicitación polo cumpreanos e pola iniciativa, dende logo se os compromisos familiares o permiten e si atopo roupa ou algunha peluca alí estarei.

Os meus parabéns a: Michi, Herrero, Álvaro, Sito, Sergio, Currás e Javito




Jackie Kennedy

Un sinxelo Risotto

Esté é un pratiño ben doado de facer que admite moitas variantes e co que se pode acadar un estupendo resultado mesmo sen dominar as artes da cociña. Anímovos a intentalo.

As néboas e os galegos



A néboa é un dos fenómenos climatolóxicos desta terra, moi frecuente , tanto que incide no caracter e na idiosincrasia das xentes do noso país.

A néboa miuda ,con choiva fina, vai tras de nos dende a Terra Chá ata Fisterra e dende o Baixo Miño as Fragas do Eume. Obsesiona os nosos escritores, fala moito Manuel Rivas das néboas da Costa da Morte.

Contaba o finado Carlos Casares que unha vez lle preguntara a Torrente Ballester pola capacidade fantasiosa e de crear historias que teñen os nosos paisanos, e o vello ferrolán respostaralle que os galegos non somos fantasiosos,que fantasiosos eran por exemplo os andaluces e que a fantasía nace da repetición. Aseguraba Torrente que o que temos os galegos e Imaxinación , que brota únicamente da orixinalidade. Eu penso que moita da nosa imaxinación sae da incertidume que crea a néboa, daquelo que non vemos e que temos que crear.

Pero tamén a néboa ten unha faciana escura pois non nos deixa ver con claridade mesmo as cousas que temos ó lado, moi pertiño de nós. Cousas que cremos boas poden ser ben ruíns. Coidado coa néboa logo
Fotos de néboa en Vilatuxe

jueves, diciembre 21, 2006

Comida francesa


Abraiado fiquei coa carta deste restaurante en Niza cando estiven por alí, non, non estades lendo mal pon "merda de can maison" e maison quere dicir algo así como "da casa", así que teñen o canciño producindo para o restaurante, manda carallo.
Dende logo non entramos pero teño moitas gañas de saber exactamente o que é
Estan tolos os franchutes, ainda que polas miñas últimas informacións trátase dun prato italiano, Niza foi italiana. Entón están tolos estes romanos...
Quesé bota un bocadiño de luz a este engano.

Se tinto amigo

Envíame Nani por mail un simpático video loubando as propiedades do viño tinto. Moi agradecido ainda que non me envíes fotos como as de A Teima.

lunes, diciembre 18, 2006

Paparevivir en Madrid



Nos pasados días estiven en Madrid por asuntos de traballo e puiden visitar a amigos de verdade e familiares residentes na capital do estado español.
Non tiven moito tempo para pasear pero primeiramente atopeime con Alfonso de maneira prácticamente casual , como sempre me pasa con él en Madrid. Estaba disfrutando duns percebes e unhas copas con colegas de Madrid, ademais comprobei que estaba de Rodríguez. Podo dicir que os bichos (os percebes) tiñan bo aspecto, ainda que un pouco longos, eu dubidaría da súa procedencia querido Alfonso...

Tamén o venres quedei con Reyes e Álvaro cos que fun cear esplendidamente no Restaurante Lobato que fai unha carne estupenda. Moitas gracias os dous pola hospitalidade e pola cea , agora tócame a min no Nadal en Lalín.



Foto do anterior encontro casual en Maio

Un saúdo ós amigos neste Nadal

jueves, diciembre 14, 2006

Manuel Fraga: bosta na historia de Galicia


Moitos galegos cada vez sentimos maior vergoña de nos mesmos cando ollamos o presidente que tivemos durante tantos anos. Foi elixido por galegos i esa será unha grande cruz para esta terra. Como galego estou triste e avergoñado

Fraga viveu en Galicia coma nun antroido, pero cada vez que tira a careta sae o seu real pensamento: alaba a Pinochet e comenta "que pudo cometer algunos excesos", claro Fraga chámallle excesos a milleiros de asasinatos, torturas e desaparicións impunes porque parécelle normal, porque él tamén ten un feixe de mortos as súas costas. Di que Chile estaba mal con Allende e por iso xustifica un golpe de estado militar, Sr Fraga ¿ non era vostede un demócrata?. Logo di que Pinochet "dejó a Chile mejor", e dicir que os mortos estiveron ben matados , que paga a pena desaparecer e torturar para mellorar un país, sempre que o torturado non sexa vostede ¿non sí?

Hai uns meses tamén Fraga tivo moitas verbas de alabanza para Franco nunha entrevista no Corriere della Sera e criticou duramente o presidente do goberno democrático de España , ¿a qué beira está D. Manuel?. Non o diga xa o sabemos , segue vostede no fascismo no que sempre creu. Os seus modos sempre foron autoritarios, cunha violencia verbal propia dunha persoa verdadeiramente moi maleducada.

Fraga chega ó final da súa vida e vai marchar impune, firmou sentencias de morte e hai moita xente que lembra a matanza de Vitoria no 1976 cando era ministro de Interior. Porque todo o mundo sabe que a Fraga lle pon eso de condear a morte, lástima en quen se declara cristián. Eu animaría ó xuíz Baltasar Garzón para que este desalmado pague as súas contas coa xustiza. Cando Garzón tratou de enxuizar a Pinochet, Fraga desacreditou a xustiza española en Chile nunha viaxe que facía como presidente da Xunta, e ademais remarcou que o goberno de España non apoiaba as actuacións do xuiz (hemerotecas), era o goberno de JM Aznar.


Por favor Sr Rajoy fága calar o PRESIDENTE FUNDADOR do PP, ou que os xuizes lle apliquen a Lei de Partidos por apoiar asasinatos e torturas.


E paro porque vou vomitar




miércoles, diciembre 13, 2006

Nova receita: un bo magret de pato

Velaí vai un magret de pato con setiñas do monte, chalotas e mazás. Non é porque o fixera eu, pero dígovos que estaba delicioso. Ademais ainda que non o pareza é un prato lixeiro e moi adecuado para estas datas
Supoño que O Potro xa está tremendo...







domingo, diciembre 10, 2006

Souto de Quiroga en Catasós


As veces non é preciso ir moi lonxe para atopar maravillas. A menos de 1 km do centro urbano de Lalín, temos os mais grandes castiñeiros que poidades imaxinar nun precioso entorno. Fun onte (sábado) a pasear por alí , a pesares do mal tempo, e aquelo estaba precioso como podedes ver nas fotos.
Esta é unha mais das preciosidades que en masas de árbores autóctonas temos no Deza, hai moitísimas e temos que protexelas. Sen ir mais lonxe a 300 m da miña casa está a carballeira da Crespa, ensinareivola outro día.
No remate do outono estás fragas está preciosas tinxidas de vermello, o chan da de Catasós estaba esponxoso da cantidade de follas, castañas e landras caídas, daba gusto pisalo.
Xa falaba Castelao dos carballos de Lalín...

viernes, diciembre 08, 2006

Mais do amendoeiro


Prima Reyes e Primo Álvaro son outros que virán pasar as festas e visitarán Lalín. Estamos agardando por vos, sobretodo meu tío Alberto que quere tomar unhas copas co Calavera de Talavera.

Felices festas ós dous

¿Nova futura voda?


Falábase no blog A Teima dunha posible futura voda entre o Sr Sito e dona Paula, pero xa é vello este disque-disque.

Polas miñas informacións ,polo de agora podemos seguir agardando polo menos ata o próximo outono porque non queren casar nin en primavera nin en vran.

Ademais , Julia a nai de Sito, non parecía estar moi convencida últimamente, ¿non si Paula?.

¿Quén a ten máis longa?


Zalo ou Marta, xulgade vos mesmos. Non é de estranar o careto de sorpreasco de Laura. Se

mellantes serpes o seu arredor...

lunes, diciembre 04, 2006

O Mike casa


Parece increíble con esa pinta de ghay ou de fillo de Carolina de Mónaco en Ibiza (é o da dereita, Chisco ten pinta de ghay soplanucas), pero o Sobrado vai contraer nupcias na vindeira primavera.

A damnificada, Marité, leva un bó rapaz ainda que algo rabudo, aconséllolle non discutir moito con él porque non lle será doado convencelo e levarlle a razón.

Seica xa hai tamén "mentes privilexiadas" coma o Rei das pizzas ou Roquinho argallando o que seguro será unha grande despedida sorpresa se non mete a pata a miña moza...

Bon derradeiro Nadal en solteiría Jorge

O amendoeiro



Cáseque é tempo de Nadal , polo que tamén é tempo de retorno daqueles que están fora gran parte do ano.

Algún de África xa está para colle-lo avión e outros chegarán mais adiante. Un saúdo a todos eles e boa viaxe morriñentos.

Traede algo de papar

El cazador de osos borrachos





Parece ser que al fulano al que todos los españoles le pagamos casa, comida, putas y demás vicios, le estamos pagando también cacerías por el mundo adelante. Entiendo la caza cuando se hace con especies verdaderamente cinegéticas (aquellas que tradicionalmente fueron aprovechadas como alimento por el ser humano: conejo, corzo, ciervo, etc), pero este individuo, descendiente de una larga estirpe de mangantes y disminuidos se está dedicando a aumentar su currículum devastador abatiendo osos, primero fue en Rumanía (8 osos, de ellos 3 hembras preñadas) y ahora en Rusia.
Mitrofan, que era el nombre del oso, era un animal manso y domesticado al que pusieron morado de vodka y miel para que fuera abatido por un siverguenza con escopeta.

Este personaje desalmado no se atreve a hacerlo en España, pero si le dejarán , como buen heredero de Franco que es ,seguro que le ponían ciegos de sidra todos los osos de la Cordillera Cantábrica.

Espero que ADENA le retire su título de presidente honorífico

Os habreis dado cuenta que no pongo ni el título del fulano ni su nombre pues podría haber incurrido en un delito de injurias. Manda cojones.

¡REPÚBLICA!




Amistade no noso agro


Quede ben clariño que os galegos temolo doado para atopar amigos e ademais somos amigos de quen nos pete. Este porco bravo e o can son unha mostra, sempre andan xuntos polas leiras do país

viernes, diciembre 01, 2006

Receitas: salsa cremosa de cogumelos


Falouse no blog A Teima da minha actividade como cociñeiro. Un dos meus obxectivos en Paparevivir é dar a coñecer algunhas das miñas receitas orixinais. Ainda non publicara ningunha, mais que nada pola preguiza de pensar e redactar pero puxenme coas mans na masa e este é o resultado:


Unha receita sabrosa de tempo de outono: cogumelos


Salsa cremosa de cogumelos

Esto é o que se chama unha receita base porque nas súas variantes pode servir para guarnición de carne, salsa para pasta ou incluso facerse un patél de setas.

Ingredientes:

150 g de cogumelos (preferiblemente boletus edulis frescos ou deshidratados)

150 g de champiñóns

1 culler de aceite

1 vasiño de viño aromático

2 chalotas (si outro tipo de cebola 1 unidade)

2 culleres de nata liquida

1 culler de postre de Mostaza Louit Diafana

1/2 vaso de caldo vexetal

sal


1. Poñer a pochar as chalotas cunha pizca de sal ben picadiñas no aceite , secar ben as setas e os champiñóns e engadilos picados, deixar facer a lume moderado 2-3 minutos (teñan que dorarse).

2. Engadir o viño , o caldo e a mostaza misturar e deixar reducir durante 10-12 minutos a lume medio-baixo , remexendo de cando en vez.

3. Cando teñamos unha textura melosa poñemos o lume ó mínimo e engadimos a nata e remexemos moi suavemente 2-3 minutos . Rectificamos de sal.


Si o queremos coma salsa para pasta xa esta listo, si o queremos para acompañar unha carne pasrémolo polo chino ou batidora
Si o queremos como paté: pasámolo por batidora a un molde con manteiga e engadir 2 follas de xelatina disoltas en auga. Meter no forno precalentado a 150ºC 20 minutos. Enfriar e desmoldar

POLONIO e movida nuclear



Hai moito barullo armado coa morte do espía ruso Andrei Litvinenko e a historia do Polonio 210.

Que saibades que Galicia pode estar tranquila porque hai profesionais no país que sabense desenvolver e fixeron simulacros para actuar neses casos.

O malo é que se pasa moita calor e non é doado refresca-la gorxa

O que adiviñe cal son eu ten un chourizo do Currás de regalo. Sorte