jueves, noviembre 30, 2006

Noraboa OSO PARDO. Noraboa GALICIA




Xa ía sendo hora de que alguén neste país se preocupara un pouquiño pola nosa riqueza natural. Por fin a Xunta vai colaborar para protexer unha das nosas grandes riquezas: o oso pardo, e ademais esto non queda ahí POR FIN Os Ancares e O Courel van ser espazos protexidos. Era unha vergoña seguir permitindo que eses lugares emblemáticos de Galicia non contaran cunha protección axeitada.

Os que nos sentimos orgullosos de seren galegos hoxe podemos estar algo máis ledos porque na protección da nosa terra está o noso futuro.

Os que pateamos moitas veces por esas dúas serras e as veciñas de Asturias sempre estamos agardando ver ou uliscar algunha sinal do rei dos nosos bosques, agora co traballo de todos será máis doado.

Que se derrame o mel polos Ancares, vinde osos a Galicia.

So falta a pita de monte (urogallo)


El conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, y el presidente de la Fundación Oso Pardo, Guillermo Palomero, han firmado hoy un convenio de colaboración para la conservación y recuperación de la especie.Palomero ha subrayado tras la firma que el trabajo continuo con las Comunidades del Cantábrico está dando «buenos resultados» y, mientras en Europa decrece el número de ejemplares, en la cordillera cantábrica ya se está cerca de los 130 ejemplares, cuando hace unos 10 años eran entre 70 y 80

Vázquez ha considerado «fundamental» la zona de montaña en el conjunto de la biodiversidad gallega y ha abogado porque tanto Os Ancares como O Courel recuperen «el espacio que merecen», pues se trata de unas zonas con las que «no se ha hecho justicia».

Gracias Pachi.

Lo prometido es deuda: EL GULI

Con todos vos EL GULI , famoso artista no noso entorno, bo amigo . Prèstolle o meu espazo para dar o salto a fama ao autor da famosa copla:

Sempre me andas preguntando
pra onde vou e onde veño
mete a man na petrina
verás que paxaro teño.

Ai lalalala, ai lalalala



Nico pequeniño



Aquí vedes a Nico agora ,e tamén vedes como seu pai quere que sexa de vello: un morcego .Eu prégovos que fagades unha protesta neste blog para que non moldee ó seu fillo coas súas tolemias . Con un chega abondo...¿non vos parece amigos?
É posible que o rapaz teña superpoderes polo que ven demostrando ata agora, pero polo seu xeito de trepar a min paréceseme máis a Spiderman.

Abrese o tempo de opinar : Nico é ¿SPIDERMAN ou BATMAN?.

PD: Alfonso móllate.


lunes, noviembre 27, 2006

ATENCIÓN: nota de autor

Non son amigo de censuras, ata sgors deixei que todo o mundo se expresase con liberdade, pero non vou permitir insultos ás persoas que saco nas fotos do meu blog e menos se son dos meus amigos. Unha cousa son as caralladas e outras faltar o respeito.
Alomenos aqueles que diciden insultar polo blog deberían dar a cara e non usar anonimatos, de todalos xeitos este non é un espazo de polémica , é un recuncho para visitar polos meus amigos.
Se ocorre novamente terei que empregar a miña opción de censura coma autor.

Un saúdo e gracias.

viernes, noviembre 24, 2006

BÚSCASE - WANTED

Lémbrome dun bó amigo meu, estranamente desaparecido ,ou con cambio de identidade.Din que agora faise chamar " O Marqués do Milladoiro" e vai sempre na compaña dunha agradable rapaza, non sei qué enganos lle estará argallando a pobriña. ¿Estará a facerlle as beiras?
O certo é que dende que desapareceu, a xente non está moi preocupada pois agardan unha espectacular reaparición pública para Maio do ano que ven, eso sí , cunha figura moito mais esbelta, e disfrazado seica de pinguino ou similar.
Desexamoslle sorte, pero que dé sinais de vida.
Vai unha foto do elemento por si o atopades , mandadelle unha aperta da miña parte

miércoles, noviembre 22, 2006

Montañas

Todos os que me coñecedes sabedes da miña querencia polas montañas e a natureza en xeral. Nestes tempos que tanto se está a falar dos cambios no noso planeta, temos que reinvindicar as montañas como refuxio da vida.
Hai que lotar polo pracer de subir a un monte e disfrutar dos outeiros, camiñar entre carballos, meter os pes nun río fresco e limpo ou quedar parvo cando aparece un cervo nun claro dun souto...se perdemos eso qué terán as vindeiras xeracións...tristura.
Deixovos un pequeno clip moi relaxante con montañas e natureza, percorre montes cercanos de bonitos nomes: Ancares, Courel, Xurés, Candán, Oscos-Eo, Somiedo, Redes, Picos,... Todo armonizado pola fermosa música de Win Mertens.

Disfrutade amigos



domingo, noviembre 19, 2006

Jorge Casares: Especialista

Aquí teneis a mi tío Jordi, famoso stunt (especialista), lo habreis podido ver recientemente en Alatriste o El Laberinto del Fauno. Echadle un vistazo a un retazode su Currículum, ni Penélope Cruz ni Bardem , el español con más presencia en Hollywood es Jordi...

Además en esta dirección podreis ver un video suyo en pleno trabajo en Alatriste:http://www.youtube.com/watch?v=Jrp0IOZT8Cw

FILMS
BILLY THE KID
-STUNT COORDINATOR
EL LABERINTO DEL FAUNO-STUNT COORDINATOR
ALATRISTE-ACTION UNIT DIRECTOR
IMPOSSIBLE MISSION III -STUNT COORDINATOR - PRE PRODUCTION - BERLIN-PRODUCTION - CHINA
TROY -ASSISTANT STUNT COORDINATOR – HORSE MASTER
DIE ANOTHER DAY - STUNT PERFORMER – DOUBLE 007
THE FOUR FEATHERS -STUNT COORDINATOR
JASON AND THE ARGONAUTS -STUNT COORDINATOR
TOMORROW NEVER DIES -STUNT PERFORMER-
TITANIC-STUNT PERFORMER
ROB ROY -STUNT PERFORMER
1492 CONQUEST OR PARADISE -ASSISTANT STUNT COORDINATOR
DOUBLE IMPACT -STUNT PERFORMER
TOTAL RECALL -STUNT PERFORMER
INDIANA JONES AND THE LAS CRUSADE -STUNT PERFORMER
THE SICILIAN -STUNT PERFORMER
THE MISSION -STUNT PERFORMER

COMMERCIALS
SHELL INTERNATIONAL-CAPITAL ONE-TOYOTA YARIS-OPEL ASTRA– PLAYSTATION
NINTENDO-JAGUAR-NAT WEST-WORLD WIDE CLIO-DAIMLER CHRYSLER - JEEP-SWISS MILK- VOLKSWAGEN-LLOYDS BANK
- AS WELL PARTICIPATING IN MANY TELEVISION FILMS AND COMMERCIALS
SKILLS.WORKED WITH VIC ARMSTRONG FOR TWENTY YEARS
MORE THAN TWENTY YEARS WORKING IN TELEVISION, LONG FEATURES AND LIVE SHOWS.

RIDDING CLASSES TO THE FOLLOWING ACTORS
SYLVESTER STALLONE-MEL GIBSON-CHRISTOPHER LAMBERT-STING
TOM CRUISE-ROBERT DE NIRO-GERALD DEPARDIEU-ARMAND ASSANTE-TIMOTHY DALTON-ARNOLD SCHWARZENEGGER-BILLY ZANE-TOM BERENGER-HARRISON FORD
ART MALICK-GEENA DAVIS-LEONOR VALERA-SEAN BEAN-MATTHEW MODINE-BRAD PITT-ORLANDO BLOOM …

jueves, noviembre 16, 2006

Proximamente... O GULI


Ese grande cantautor de copla galego colgará neste blog algun dos seus éxitos. Este espazo quere servirlle de plataforma de despegue.

A Voda de Marcos e Sisi







No pasado verán asistimos a unha maravillosa voda. En Louro, ós pés do monte do mesmo nome, rodeados dunha das mais fermosas paisaxes de Galicia, na finca da familia Sierra celebrouse unha maravillosa festa que lembraremos con agarimo moito tempo.
Primeiro foi a cerimonia en Muros e despois trasladámnos a Fontecabada. A finca ademais de ser única , estaba increible ese día. O traballo e os desvelos dos nosos amigos Sisi e Marcos pagaron a pena. Todo estivo perfecto. Ata a climatoloxía axudou para que o arrecendo e o son do mar foran ingredientes extras do bon xantar que nos ofreceron.
Despois a festa prolongouse ata o mencer con desenfreno e “glamour” sen límites .
Como teño unha débeda coa maioría dos asistente colgo algunhas das fotos daquel día. Pido permiso a Marcos para mais adiante colgar o vídeo do seu pseudo strip-trease, non se ve nada pero son imaxes persoais que merecen o consentimento dos cónxuges.


Unha aperta a Sisi e Marcos






lunes, noviembre 13, 2006

Wake Abel

No blog A Teima ateima.blogspot.com falaban dun posibel casamento do meu amigo Abel Bugarín. Ben , este non é un blog rosa coma o outro, so vos digo que visitedes You Tube e busquedes o video de Abel facendo pinches carneiros por riba da auga do Pai Miño.

domingo, noviembre 12, 2006

Sudáfrica: unha maravilla. Voltarei...


Como algún de vos sabedes , estuvemos en Sudáfrica o pasado mes de Agosto facendo unha viaxe que nos levou a percorrer o Leste e Surleste dese gran país. Sabiamos que nos iamos topar cun fermoso país , cunha natureza extravagante e exótica, pero Sudáfrica é moito mais. Unhas breves liñas nun blog non chegan para facerlle xustiza a un país único. Nomes para non esquecer: Parque Kruger, Skukuza, Mbabane, Sodwana Bay, St Lucia Park, Mkuze, Hulluluwe, God´s Window... e tantos outros
Tamén nos adentramos nun deses países que pensas que realmente non existen: Swazilandia, o pais das montañas, a Suiza de África (moito mais pobre, non hai comparación) reinada polo rei George que bota man das virxes do país na celebración do seu cumpreanos. É un país pequeniño pero cheo de sorpresas.
Non podía pasar dende Paparevivir sen referirme a hoteis, viño e comidas; direivos que podes atopar bos restaurantes a bo precio, fora das cidades a meirande parte deles está nos hoteis. En canto a estes a oferta e o abano de prezos é moi variada, pero estuvemos en bos hoteis a prezos asequibles. Finalmente os viños hainos moi moi bos e a prezos moi interesantes. Potentes dende logo .











miércoles, noviembre 01, 2006

Clausarada a Exposición de Nicolás González Aller

A exposición retrospectiva deste artista actualmente afincado en Costa de Marfil foi clausurada o pasado sábado no Museo de Lalín. Fora inaugurada o 6 de Outubro mediante unha videoconferencia intercontinental co artista lalinense.
Trátase dun conxunto de óleos coloristas e figurativos nos que tamén se incluén algúns retratos. Os cadros pertencentes a distintas coleccións corporativas e privadas mostran un percorrido pola obra do artista nos últimos 10 anos.