sábado, marzo 25, 2006

Fogar doce fogar


Despois dunha semana fora viaxando e durmindo en hoteis por ahí adiante , é moi reconfortable voltar a casa e descansar un pouquiño antes de ordear as cousas para voltar a tradicional rutina. Chegar a casa e tirarte no sofá un ratiño para simplemente ver a tele pode ser un pracer e a iso, a actualiza-lo blog, traballar un chisco e quitarlle o po a bici adicarei o día de hoxe.

Quero tamén facer unha loubanza do meu coche, Ford Focus, que cos seus 140 cabalos a gasoil, axudoume a percorrer 2385 Km nos últimos días atravesando lugares a -7º C, neve ou xeo sen en ningún momento dar un problema. Ademáis o seu consumo foi de 5,5 l por cada 100 Km a velocidades de autovía. Increible