lunes, diciembre 18, 2006

Paparevivir en Madrid



Nos pasados días estiven en Madrid por asuntos de traballo e puiden visitar a amigos de verdade e familiares residentes na capital do estado español.
Non tiven moito tempo para pasear pero primeiramente atopeime con Alfonso de maneira prácticamente casual , como sempre me pasa con él en Madrid. Estaba disfrutando duns percebes e unhas copas con colegas de Madrid, ademais comprobei que estaba de Rodríguez. Podo dicir que os bichos (os percebes) tiñan bo aspecto, ainda que un pouco longos, eu dubidaría da súa procedencia querido Alfonso...

Tamén o venres quedei con Reyes e Álvaro cos que fun cear esplendidamente no Restaurante Lobato que fai unha carne estupenda. Moitas gracias os dous pola hospitalidade e pola cea , agora tócame a min no Nadal en Lalín.



Foto do anterior encontro casual en Maio

Un saúdo ós amigos neste Nadal

3 comentarios:

Alfonso dijo...

tiñas razón nicolás, os percebes debían de ser de suráfrica... sin embargo ó polbo estaba caralludo. bicos a todos
alfonso

Anónimo dijo...

hai q ser pailán para comer percebes en Madrid....de ir comer un bó cocido

Hermano_de_tu_prima dijo...

Home, eu penso que tamén hai que ser pailán para chamarlle "bo cocido" ao que fan en madrid (falo por experiencia propia)