viernes, diciembre 22, 2006

As néboas e os galegos



A néboa é un dos fenómenos climatolóxicos desta terra, moi frecuente , tanto que incide no caracter e na idiosincrasia das xentes do noso país.

A néboa miuda ,con choiva fina, vai tras de nos dende a Terra Chá ata Fisterra e dende o Baixo Miño as Fragas do Eume. Obsesiona os nosos escritores, fala moito Manuel Rivas das néboas da Costa da Morte.

Contaba o finado Carlos Casares que unha vez lle preguntara a Torrente Ballester pola capacidade fantasiosa e de crear historias que teñen os nosos paisanos, e o vello ferrolán respostaralle que os galegos non somos fantasiosos,que fantasiosos eran por exemplo os andaluces e que a fantasía nace da repetición. Aseguraba Torrente que o que temos os galegos e Imaxinación , que brota únicamente da orixinalidade. Eu penso que moita da nosa imaxinación sae da incertidume que crea a néboa, daquelo que non vemos e que temos que crear.

Pero tamén a néboa ten unha faciana escura pois non nos deixa ver con claridade mesmo as cousas que temos ó lado, moi pertiño de nós. Cousas que cremos boas poden ser ben ruíns. Coidado coa néboa logo
Fotos de néboa en Vilatuxe