jueves, noviembre 16, 2006

A Voda de Marcos e Sisi







No pasado verán asistimos a unha maravillosa voda. En Louro, ós pés do monte do mesmo nome, rodeados dunha das mais fermosas paisaxes de Galicia, na finca da familia Sierra celebrouse unha maravillosa festa que lembraremos con agarimo moito tempo.
Primeiro foi a cerimonia en Muros e despois trasladámnos a Fontecabada. A finca ademais de ser única , estaba increible ese día. O traballo e os desvelos dos nosos amigos Sisi e Marcos pagaron a pena. Todo estivo perfecto. Ata a climatoloxía axudou para que o arrecendo e o son do mar foran ingredientes extras do bon xantar que nos ofreceron.
Despois a festa prolongouse ata o mencer con desenfreno e “glamour” sen límites .
Como teño unha débeda coa maioría dos asistente colgo algunhas das fotos daquel día. Pido permiso a Marcos para mais adiante colgar o vídeo do seu pseudo strip-trease, non se ve nada pero son imaxes persoais que merecen o consentimento dos cónxuges.


Unha aperta a Sisi e Marcos