domingo, noviembre 12, 2006

Sudáfrica: unha maravilla. Voltarei...


Como algún de vos sabedes , estuvemos en Sudáfrica o pasado mes de Agosto facendo unha viaxe que nos levou a percorrer o Leste e Surleste dese gran país. Sabiamos que nos iamos topar cun fermoso país , cunha natureza extravagante e exótica, pero Sudáfrica é moito mais. Unhas breves liñas nun blog non chegan para facerlle xustiza a un país único. Nomes para non esquecer: Parque Kruger, Skukuza, Mbabane, Sodwana Bay, St Lucia Park, Mkuze, Hulluluwe, God´s Window... e tantos outros
Tamén nos adentramos nun deses países que pensas que realmente non existen: Swazilandia, o pais das montañas, a Suiza de África (moito mais pobre, non hai comparación) reinada polo rei George que bota man das virxes do país na celebración do seu cumpreanos. É un país pequeniño pero cheo de sorpresas.
Non podía pasar dende Paparevivir sen referirme a hoteis, viño e comidas; direivos que podes atopar bos restaurantes a bo precio, fora das cidades a meirande parte deles está nos hoteis. En canto a estes a oferta e o abano de prezos é moi variada, pero estuvemos en bos hoteis a prezos asequibles. Finalmente os viños hainos moi moi bos e a prezos moi interesantes. Potentes dende logo .











2 comentarios:

Anónimo dijo...

Unha preciosidade Nicolas,dende logo teño que recoñecer que sinto envexa sa,o ver esta pequena mostra da viaxe.Os animais son fermosisimos,incluido un que sae en bikini.
Noraboa polo blog,ainda que dista moito do de Rafa...Unha aperta

Olalla dijo...

Ten coidado "anónimo" que a do bikini e amigha miña....
Chulísimo o blog Nico, a ver se nos vemos pronto. Bicos