miércoles, noviembre 22, 2006

Montañas

Todos os que me coñecedes sabedes da miña querencia polas montañas e a natureza en xeral. Nestes tempos que tanto se está a falar dos cambios no noso planeta, temos que reinvindicar as montañas como refuxio da vida.
Hai que lotar polo pracer de subir a un monte e disfrutar dos outeiros, camiñar entre carballos, meter os pes nun río fresco e limpo ou quedar parvo cando aparece un cervo nun claro dun souto...se perdemos eso qué terán as vindeiras xeracións...tristura.
Deixovos un pequeno clip moi relaxante con montañas e natureza, percorre montes cercanos de bonitos nomes: Ancares, Courel, Xurés, Candán, Oscos-Eo, Somiedo, Redes, Picos,... Todo armonizado pola fermosa música de Win Mertens.

Disfrutade amigos



1 comentario:

Anónimo dijo...

Muito bonito, vivan as montañas.